Ciclo hidrolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m retiro marcadores "curto de máis" e "bioloxía en progreso"
Etiqueta: edición de código 2017
m →‎Descrición: Engado imaxe
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 28:
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Ciclo Hidrológico ou Ciclo da Água.jpg|miniatura|300px|O ciclo hidrolóxico.]]
O [[sol]], que impulsa o ciclo da auga, quenta a auga do océano e dos mares. A auga evapórase no aire coma vapor de auga. Algún xeo e neve [[Sublimación (física)|sublímanse]] directamente en vapor de auga. A [[evapotranspiración]] é a auga que transpira das plantas e se evapora do [[solo]]. A [[molécula]] de auga H<small>2</small>O ten unha [[masa molecular]] menor cá dos principais compoñentes da atmosfera, [[nitróxeno]] (N<small>2</small>) e [[osíxeno]] (O<small>2</small>), e, xa que logo, é menos densa. Debido á diferenza significativa de [[densidade]], a [[flotabilidade]] provoca o ascenso do aire húmido. A medida que aumenta a altitude, a [[Presión atmosférica|presión do aire]] diminúe e a [[temperatura]] baixa (véxase a [[Lei dos gases ideais|lei dos gases]]). A temperatura máis baixa fai que o vapor de auga se condense en minúsculas gotas de auga líquida que son máis pesadas que o aire, e que caen a non ser que sexan soportadas por unha corrente ascendente. Unha gran concentración destas gotas nunha gran área da atmosfera faise visible coma [[nube]], mentres que a condensación preto do nivel do chan denomínase [[néboa]].