Praia de Esteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Características: Retiro cursiva innecesaria
Liña 33:
Ten forma de enseada, bañada polas augas do mar con ondas moderadas. O seu contorno está sen urbanizar sendo en zonas próximas a abundancia de pradeiras. Situada na enseada do Cadramón (entre as [[Praia de Augas Santas|praias das Catedrais]] e [[Praia das Illas|As Illas]]), é moi recomendable para os máis cativos, xa que na baixamar formase unha pequena lagoa na que se pode gozar do baño sen perigo. Tamén se sitúa cerca do [[porto deportivo de Foz]].
 
Todo o longo a praia pódese percorrer pisando unha area branca e fina e non dispón de [[Bandeira Azul|bandeira azul]]; polo cal tampouco é habitual que haxa un equipo de salvamento na zona, en todo caso, de haber algún ferido, sería traslado o ''Hospital Comarcal da Costa-Burela''. Conta coa típica poboación faunística do litoral. A mesma praia (xunto coas praias de San Miguel de Reinante ([[Barreiros]]), As Catedrais, As Illas, [[Praia dos Castros|Os Castros]], [[Praia da Areosa|Areosa]] e [[Praia da Olga|Olga]] (todas de Ribadeo), conforman a [[Zona especial de conservación As Catedrais|Zona das Catedrais]], espazo natural protexido e catalogado como [[Rede Natura 2000]]. O seu acceso vai dende [[Ribadeo]] pola estrada [[N-634]] na dirección a Lugo, ata desviarse por un ramal a dereita sinalizado, que leva xusto ata a praia.
 
En canto aos servizos de atención, esta praia dispón de moi poucos, aparcadoiros a menos de 500 m, non hai duchas na praia pero si moi preto dela; en canto o servizo de limpeza, so é activo na época estival. Nesta época tamén conta con servizo de vixilancia e sinalización do mar, que diminúen ata quedar case inexistentes no inverno.