AC-221: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
== Percorrido ==
A estrada inicia o seu percorrido arredor do km 7,5 da [[AC-12]] no [[O Seixal, San Pedro de Nós, Oleiros|Seixal]] en [[San Pedro de Nós]] ([[Oleiros]]), para dirixirse cara aos lugares da [[A Veiga, San Pedro de Nós, Oleiros|Veiga]], [[O Vilar, San Pedro de Nós, Oleiros|O Vilar]] e [[Vilanova, San Pedro de Nós, Oleiros|Vilanova]] para pasar despois aos [[Os Vilares, Iñás, Oleiros|Vilares]] na parroquia de [[Iñás, Oleiros|Iñás]]. Neste punto crúzase coa estrada [[DP-1707]] (que une o núcleo de [[Oleiros, Oleiros|Oleiros]] co lugar de [[Carballas, Pravio, Cambre|Carballas]] en [[Pravio, Cambre|Pravio]], nas inmediacións da vila de [[Cambre]]). A continuación entra no concello de Cambre no lugar do [[O Pombo, Pravio, Cambre|Pombo]] en [[Pravio, Cambre|Pravio]] e no lugar de [[Catro Camiños, Pravio, Cambre|Catro Camiños]] crúzase coa estrada [[AC-214]] (que une [[Guísamo, Bergondo|Guísamo]] en [[Bergondo]] con [[Sigrás, Cambre|Sigrás]]) para pasar despois baixo a [[AP-9]] e entrar na parroquia de [[Cecebre, Cambre|Cecebre]] no lugar de [[Quintán, Cecebre, Cambre|Quintán]], dirixíndose cara a literaria [[Fraga de Cecebre]] e o lugar de [[Apeadeiro, Cecebre, Cambre|Apeadeiro]], pasando baixo a vía férrea ([[Liña León - A Coruña|liña León–A Coruña]]). Neste lugar atópase o acceso ao [[apeadoiro de Cecebre]]. A vía continúa no lugar de [[Galiñeiros, Cecebre, Cambre|Galiñeiros]] e pasa sobre a [[Encoro de Abegondo - Cecebre|presa de Cecebre]] para entrar na parroquia de [[Bribes, Cambre|Bribes]] polo lugar de [[Nebrixe, Bribes, Cambre|Nebrixe]]. Neste punto parte a [[DP-0102]] cara á estrada [[DP-1704]] (que une Cambre con [[Carral]]) pasando pola igrexa parroquial de San Cibrán de Bribes. Tras cruzar o encoro pola ponte sobre o [[río Barcés]] (que pertence como todo o encoro ao concello da [[A Coruña|Coruña]]) entra no concello de [[Abegondo]] no lugar de [[Orto de Arriba, Orto, Abegondo|Orto de Arriba]] en [[Orto, Abegondo|Orto]]. A estrada segue pola parroquia de [[Crendes, Abegondo|Crendes]], pasando polos lugares de [[Tras da Igrexa, Crendes, Abegondo|Tras da Igrexa]] e [[Vilar, Crendes, Abegondo|Vilar]] para continuar na parroquia de [[Mabegondo, Abegondo|Mabegondo]] polos lugares de [[Lamansián, Mabegondo, Abegondo|Lamansián]] e [[Marces, Mabegondo, Abegondo|Marces]], onde finaliza na estrada [[AC-542]] arredor do km 7.
 
== Véxase tamén ==