Ría de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Agremon (conversa | contribucións)
Actualización
Liña 52:
}}
 
A '''ría de Ribadeo''', (ou '''ría do Eo''', segundo un ditame que equipara en 2021 este nove o histórico de ría de Ribadeo e que está a ser recurrido<ref>{{Cita web|título=Vuelve la polémica: ría del Eo o ría de Ribadeo|url=https://www.elprogreso.es/articulo/a-marina/vuelve-polemica-ria-eo-ria-ribadeo/202111041747591537707.html|páxina-web=El Progreso de Lugo|data=2021-11-04|data-acceso=2021-11-17|lingua=es|nome=El Progreso de|apelidos=Lugo}}</ref><ref>{{Cita web|título=Ría de Ribadeo - Novas. Concello de Ribadeo|url=http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=4113&lg=gal|páxina-web=ribadeo.gal|data-acceso=2021-11-17}}</ref>) é unha ría [[Cornixa cantábrica|cantábrica]] situada entre [[Galicia|Galiza]] e [[Asturias]] e formada pola desembocadura do [[río Eo]] xunto con outros ríos menores, como o [[río Suarón]] e o [[Río Grande, ría de Ribadeo|río Grande]]. Ten 10&nbsp;km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca —onde é atravesada pola [[ponte dos Santos]]— e abríndose máis á altura das enseadas de Arnao —xusto á beira da boca— da Lieira —entre [[Castropol]] e [[As Figueiras, Castropol|As Figueiras]]— e del Tarrón —a máis interior—, todas na parte oriental.
 
A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de [[zona especial de conservación]], [[zona de especial protección para as aves]] e [[zona húmida protexida]], e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da [[Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón]] e dentro do programa internacional de zonas húmidas [[Convención de Ramsar|Ramsar]].