Darío Xohán Cabana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
/* Ligazóns externas *
outro datiño
Liña 11:
Cursou o Bacharelato en [[Lugo]], e entre 1970 e 1975 traballou en [[Vigo]] con [[Xosé María Álvarez Blázquez]] en [[Edicións Castrelos]]. Desa época é a amizade con [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], que mantivo toda a vida<ref name=":0" />, e na que houbo moita comunicación literaria e política.
 
De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado (representante sindical con dedicación a este labor) pola [[Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos|INTG]]. Entre 1983 e 1987 traballou en [[Corcubión]] como garda municipal, e ao remate dese período regresou a Lugo como funcionario do concello onde durante un tempo se encargou da vixilancia de edificios culturais municipais<ref name=":0" />.
 
Durante as súas décadas de vida como empregado municipal viviu na parroquia de [[Romeán, Lugo|Romeán]].