Na súa tempada júnior foi o terceiro mellor reboteador do equipo, tras ter unha media de 5,1 por partido.<ref name="bio" /> Conseguiu o primeiro dobre-dobre da súa carreira tras lograr 10 puntos e 10 rebotes ante [[Oral Roberts Golden Eagles|Oral Roberts]] no segundo partido da tempada,<ref>[http://sports.espn.go.com/ncb/boxscore?gameId=263192305 Oral Roberts vs. Kansas - Box Score - November 15, 2006]</ref>
Xa na súa tempada seniorsénior foi elixido no terceiro mellor quinteto da [[Big 12 Conference]] e no mellor quinteto de xogadores máis mellorados.<ref name="nba" /> Foi titular nos últimos 35 partidos, sendo o máximo reboteador do equipo con 267 rexeitamentos.<ref name="bio" /> Bateu o seu récord anotador ante [[Boston College Eagles|Boston College]], ao conseguir 25 puntos, aos que engadiu 9 rebotes e 2 roubos de balón.<ref>[http://sports.espn.go.com/ncb/boxscore?gameId=280050103 Kansas vs. Boston College - Box Score - January 05, 2008]</ref> Acabou a tempada cunha media de 11,2 puntos e 6,7 rebotes por partido. No total da súa andaina como universitario fixo 6,8 puntos e 4,9 rebotes de media.<ref>[http://www.thedraftreview.com/index.php?option=com_content&task=view&ide=3763 Ficha de Jackson en TDR]</ref>