Ciclo hidrolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
máis de en:water cycle
Etiqueta: edición de código 2017
→‎Descrición: máis de en:water cycle
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 13:
== Descrición ==
O [[sol]], que impulsa o ciclo da auga, quenta a auga do océano e dos mares. A auga evapórase no aire coma vapor de auga. Algún xeo e neve [[Sublimación (física)|sublímanse]] directamente en vapor de auga. A [[evapotranspiración]] é a auga que transpira das plantas e se evapora do [[solo]]. A [[molécula]] de auga H<small>2</small>O ten unha [[masa molecular]] menor cá dos principais compoñentes da atmosfera, [[nitróxeno]] (N<small>2</small>) e [[osíxeno]] (O<small>2</small>), e, xa que logo, é menos densa. Debido á diferenza significativa de [[densidade]], a [[flotabilidade]] provoca o ascenso do aire húmido. A medida que aumenta a altitude, a [[Presión atmosférica|presión do aire]] diminúe e a [[temperatura]] baixa (véxase a [[Lei dos gases ideais|lei dos gases]]). A temperatura máis baixa fai que o vapor de auga se condense en minúsculas gotas de auga líquida que son máis pesadas que o aire, e que caen a non ser que sexan soportadas por unha corrente ascendente. Unha gran concentración destas gotas nunha gran área da atmosfera faise visible coma [[nube]], mentres que a condensación preto do nivel do chan denomínase [[néboa]].
 
A [[Circulación xeral atmosférica|circulación atmosférica]] move o vapor de auga arredor do globo; as partículas das nubes chocan, medran e caen das capas atmosféricas superiores como precipitación. Algunhas precipitacións caen como neve, sarabia ou auganeve, e poden acumularse en [[campos de xeo]] e [[glaciar]]es, capaces de almacenar auga conxelada durante miles de anos. A maior parte da auga cae como choiva ao océano ou á terra, onde a auga flúe sobre o chan como [[escorras]]. Unha parte destas escorras vai aos ríos, cuxo caudal move a auga cara aos océanos. As escorras e a auga que emerxe do chan ([[Auga subterránea|augas subterráneas]]) poden almacenarse como auga doce nos lagos. Non todas as escorras desembocan nos ríos; gran parte delas enchoupan no chan como infiltración. Algunhas augas infíltranse profundamente no chan e repoñen os [[acuífero]]s, que poden almacenar auga doce durante longos períodos de tempo. Pola contra, outras infiltracións permanecen preto da superficie terrestre e poden filtrarse de novo nas augas superficiais (e no océano) como descarga de augas subterráneas. Algunhas augas subterráneas atopan ocos na superficie terrestre e emerxen como [[Manancial|mananciais]] de auga doce. Nos vales fluviais e [[Chaira de inundación|chairas de inundación]], hai a miúdo un intercambio continuo de auga entre as augas superficiais e as subterráneas na [[zona hiporeica]]. Co paso do tempo, a auga volve ao océano para continuar o ciclo da auga.
 
{{Commonscat|Water cycle}}