Serialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
== Características ==
O serialismo pode caracterizarse segundo a cantidade de parámetros musicais aos que o compositor aplique o principio serial. O serialismo básico é o dodecafonismo, que comprende só o parámetro da altura das doce notas da [[escala cromática]] (o dodecafonismo tamén se denomina "técnica das doce notas" na bibliogrefíabibliografía anglosaxonaanglosaxoa). Os desenvolventos posteriores, sobre todo a partir da [[Segunda Guerra Mundial]], buscaron o camiño cara a un [[serialismo integral]], onde o principio serial rexera os demais parámetros musicais á parte da altura. Nalgunhas obras aplícase o principio serial tamén ao [[ritmo]] das notas, é dicir, ademais de tocar as notas da escala cromática en certa orde, engaden a cada unha de lasdas doce unha duración distinta. Outras obras inclúen o parámetro da dinámica e, en certos casos, o do timbre. Isto é, a cada unha das doce notas cunha duración distinta engádese unha intensidade sonora distinta (''[[Notación musical|pianissimo]]'', ''[[Notación musical|forte]]'', ''[[Notación musical|mezzoforte]]'', etc.) e un tipo de son distinto (a primeira nota sería tocada por un [[violín]], a segunda por un [[piano]], a terceira por un [[óboe]], etc., aínda que algúns compositores prescinden deste último parámetro para que a peza poida ser interpretada por un só instrumento).<ref>O ''Dicionario Grove'' emprega na súa entrada sobre o serialismo as clasificacions "serialismo das doce notas", "serialismo de máis das doce notas ou menos", "serialismo rítmico" e "serialismo integral" (véase Paul Griffiths, ''op, cit.'').</ref>
 
== Notas ==