Fernando de Andrade e Soutomaior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 49:
En [[1616]] deixou a Cidade Eterna de xeito definitivo para se instalar na [[Sevilla|hispalense]] e desempeñar o seu novo posto como cóengo da [[Catedral de Sevilla|catedral]]. Ó longo da [[década de 1620]] foi acumulando unha serie de cargos que ocupou até chegar a ser bispo de Palencia en 1628: arcediago de [[Écija]] desde [[1623]], [[capelán]] mor da Capela Real desde agosto de [[1625]], subcolector da cámara apostólica do [[Arquidiocese católica latina de Sevilla|arcebispado sevillano]] tamén desde esta altura, [[inquisidor]] apostólico de Sevilla desde xullo de [[1626]] e visitador dos seus ministros desde pouco despois. Así mesmo, foi contador para o bienio 1625-1626 após ser nomeado o [[9 de decembro]] de [[1624]]. Esta ascensión meteórica debeu ser posíbel en parte grazas á influencia sobre o rei [[Filipe IV de España|Filipe IV]] que exercía o seu primo segundo [[Antonio de Soutomaior]], [[confesor real]], quen sempre procurou o favorecemento dos seus familiares. Póñase de relevo que o cargo da capelanía mor da Capela Real era un dos máis ambicionados da sé sevillana.{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|pp=141-149}}
 
O [[29 de maio]] de [[1628]], no papado de [[Urbano VIII]] e após un proceso comezado a finais do ano anterior,{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|pp=150-151}} foi nomeado [[bispo de Palencia]].<ref name="CathHier"/> O [[10 de setembro]] do mesmo ano foi [[Consagración episcopal|consagrado]] na cidade hispalense por [[Diego de Guzmán y Haro]], [[arcebispo de Sevilla]], sendo co-consagradores [[Luis Camargo Pacheco]] e [[Juan de la Sal]], ambos bispos auxiliares de Sevilla.<ref name="CathHier"/> O factor decisivo na consecución da condición de prelado debeu ser de novo o seu parente Antonio de Soutomaior.{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|p=149}} Durante o seu episcopado palentino cómpre salientar que, a diferenza da maioría doutros bispos, visitou persoalmente as terras máis afastados da diocese.{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|pp=162-163}}
 
O [[10 de novembro]] de [[1631]] produciuse o seu nomeamento como [[arcebispo de Burgos]].<ref name="CathHier"/>