Hemosiderina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''hemosiderina''' é un [[complexo proteico]] para o almacenamento de [[ferro]] que está composto de [[ferritina]] parcialmente dixerida e [[lisosoma]]s. A degradación do grupo [[hemo]] dá lugar a [[biliverdina]] e ferro.<ref name="Definition, Staining, Function and Treatment 2019">{{cite web | title=Hemosiderin | website=Definition, Staining, Function and Treatment | date=2019-05-04 | url=https://mddk.com/hemosiderin.html | access-date=2019-05-04}}</ref><ref name="Kalakonda John 2018">{{cite journal | last1=Kalakonda | first1=Aditya | last2=John | first2=Savio | title=Physiology, Bilirubin | website=NCBI Bookshelf | date=2018-10-27 | pmid=29261920 | url=https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK470290/ | access-date=2019-05-04}}</ref> Entón o corpo atrapa o ferro liberado e almacénao como hemosiderina nos tecidos.<ref name="Litwack 2018 pp. 591–643">{{cite book | last=Litwack | first=Gerald | title=Human Biochemistry | chapter=Micronutrients (Metals and Iodine) | publisher=Elsevier | year=2018 | isbn=978-0-12-383864-3 | doi=10.1016/b978-0-12-383864-3.00019-3 | pages=591–643}}</ref> A hemosiderina xérase tamén nas vías metabólicas anormais da ferritina.<ref name="Litwack 2018 pp. 591–643"/>
 
Só se atopa dentro das células (e non circulando libre polo [[sangue]]) e parece ser un complexo de ferritina normal, ferritina desnaturalizada e outros materiais.<ref>{{cite journal|last1=Richter|first1=Goetz|title=A Study of Hemosiderosis with Aid of Electron Microscopy|journal=The Journal of Experimental Medicine|date=1 August 1957|volume=106|issue=2|pages=203–218|doi=10.1084/jem.106.2.203 |pmid=13449232|pmc=2136742}}</ref><ref>{{cite journal| last1=Fischbach |first1=FA |last2=Gregory |first2=DW |last3=Harrison |first3=PM|last4=Hoy |first4=TG| last5=Williams |first5=JM|title=On the structure of hemosiderin and its relationship to ferritin.|journal=Journal of Ultrastructure Research|date=December 1971|volume=37|issue=5|pages=495–503|doi=10.1016/S0022-5320(71)80020-5|pmid=5136270}}</ref> O ferro dos depósitos de hemosiderina está pouco dispoñible para a subministración deste elemento cando se necesita. A hemosiderina pode identificarse histoloxicamente coa tinguidura de ''[[azul de Prusia de Perls]]''; o ferro da hemosiderina toma un ton de azul a negro cando se expón ao ferrocianuro potásico desta tinguidura.<ref>{{Cite book|title=Robbins & Cotran Pathologic Basis of Disease, 9th Edition|last=Kumar, Abbas, Aster|first=Vinay, Abul K., Jon C.|publisher=Elsevier|year=2015|isbn=978-1-4557-2613-4|pages=650}}</ref> Nos animais normais os depósitos de hemosiderina son pequenos e son pouco aparentes se non se aplican tinguiduras especiais. Xeralmente, detéctanse acumulacións excesivas de hemosiderina dentro das células do sistema fagocítico mononuclear ou ocasionalmente dentro de células epiteliais do [[fígado]] e [[ril]]es.
 
Varias doenzas orixinan depósitos de grandes cantidades de hemosiderina nos tecidos. Aínda que estes depósitos non causen síntomas, poden orixinar danos nos órganos. A hemosiderina encóntrase normalmente nos [[macrófago]]s e é especialmente abundante despois de sufrir [[hemorraxia]]s, o que suxire que a súa formación pode estar relacionada coa [[fagocitose]] dos [[glóbulo vermello|glóbulos vermellos]] e a [[hemoglobina]] que contiñan.<ref name="urlForensic Pathology">{{cite web |url=http://library.med.utah.edu/WebPath/FORHTML/FOR138.html |title=Forensic Pathology }}</ref> A hemosiderina pode acumularse en diferentes órganos en varias doenzas. Pode depositarse en doenzas asociadas cunha sobrecarga de ferro.<ref>{{Cite news|url=https://tidsskriftet.no/en/2016/12/medical-history/hereditary-haemochromatosis-through-150-years#reference-19|title=Hereditary haemochromatosis through 150 years|work=Tidsskrift for den Norske Legeforening|access-date=2018-07-14|language=en}}</ref> Adoitan ser doenzas nas que cómpre facer frecuentes [[transfusión de sangue|transfusións de sangue]], como a [[anemia falciforme]] e a [[talasemia]].