As mulleres do 72: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Na historia da clase traballadora ferrolana houbo varios momentos de importante repercusión tanto na cidadanía como na prensa da época, debido a consecución dalgunhas reinvindicacións acadadas.
 
=== Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España (PYSBE) ===
No ano 1967, a empresa Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España (PYSBE) levaba vinte anos funcionando no peirao de Ferrol. Ainda que había algúns homes, a meirande parte do cadro de persoal eran mulleres (entre 230 eoue 250), facendo traballos de descarga, salgadura e secado de bacallau. Tratábase dun traballo moi duro, cun salario moi baixo e penosas condicións laborais.<ref>{{Cita web|título=Peninsular Maderera y PYSBE: historia de dos fracasos|url=http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/144475|páxina-web=Galicia Ártabra Digital|data-acceso=2021-11-11|lingua=es-ES|nome=Redacción|apelidos=P}}</ref>Además, non tiñan estabilidade laboral, xa que no mes de decembro nin traballaban nin cobraban e co argumento do traballo discontinuo -ía ao ritmo das chegadas a porto dos buques- non as contrataban como fixas. Tamén, algúns meses a factoría non cotizaban por elas á Seguridade Social.<ref name=":1" />
 
Nesas circunstancias comezaron a organizarse as Comisións Obreiras da PYSBE, co sindicalista Rafael Pillado á fronte e tres mulleres no grupo: Ángeles Rivera Torres, Josefa Darriba e Josefina Fernández Umbón. A reivindicación principal foi o dereito da contratación fixa das traballadoras, xa que tal como narra Ánxela Loureiro "O regulamento do sector recoñecía que sun número determinado de días traballados ao ano que elas cumprían, o empresario debía contratalas como persoal fixo".<ref name=":1" />Nin a empresa nin o sindicato vertical favoreceron a negociación e o 13 de abril de 1967 a empresa presentou o expendiente de suspensión de contratos para 230 traballadoras e a exixencia de asignar a liquidación. As mulleres acordaron non asinar o despedimento y ao mesmo tempo foron organizando clandestinamente cos compañeiros das Comisións Obreiras unha folga para ese mesmo día. Segundo a prensa da época concentráronse máis de mil cincocentas persoas na Delegación Comarcal, formando unha manifestación camiño do Concello, pero as forzas da Policía Armada impediuno .A pesar dos avisos policiales para disolver a manifestación, as traballadoras da PYSBE insistían en ser escoitadas pola autoridade local. Despóis de media hora a policía comezou a usar as porras con violencia para dispersar á xente alí concentrada.<ref>{{Cita web|título=O espiritu rebelde de Angeles Rivera, da Pysbe de Ferrol|url=https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/o-espiritu-rebelde-de-angeles-rivera-da-pysbe-de-ferrol|páxina-web=Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas|data=2013-08-06|data-acceso=2021-11-11|lingua=gl}}</ref>
 
Houbo varias persoas feridas e detiveron a catorce manifestantes: trece sindicalistas de Bazan coa acusación de manifestación ilegal e non pacífica e a Ángeles Rivera Torres empregada da PYSBE a quen condenaron tamén por agresión a un policía. Os traballadores de Bazan estivero uns días no cárcere mentras que ela pasou tres meses.
 
Seguiron as manifestacións na cidade coa participación de obreiros de moitas empresas de Ferrol e tamén traballadoras da PYSBE, pedindo a liberación das persoas presas e reivindicando os dereitos laborais. Ao fin, conseguiron algúnhas cousaspeticións e naa PYSBE, a empresa retirou as cartas de despedimento, aceptou a contratación fixa segundo o que marcaba a lei das horas traballadas no ano.<ref name=":1" />
 
=== Peninsular Maderera (PEMSA) ===
Na desembocadura do [[río da Sardiña]] localizábase a empresa Peninsular Maderera (PEMSA), dedicada a fabricar portas e taboleiros de madeira. As condicións laborais foron a peor a finais dos anos sesenta. A maquinaria era anticuada e sen protección, os servizos hixiénicos non cubrían as necesidades básicas, as sancións eran frecuentes e diminuían os soldos do persoal. As mulleres cobraban menos polo mesmo traballo que facían os homes. As esixencias da empresa pretendían dobrar a produción e comezaron as protestas. Coa colaboración das clandestinas [[Comisións Obreiras de Galicia|Comisións Obreiras]] organizaron mobilizacións e pasado un tempo sen cambios positivos por parte da empresa chegaron a unha folga xeral durante 37 días, rexeitando o despido de dez traballadores. A situación non mellorou, a policía disolvía concentracións, había ameazas de detención e a empresa enviaba comunicados á prensa acusando os obreiros de negarse a dialogar e resolver. O personal da PEMSA organizóuse para desmentir as informacións falsas, buscou apoio na cidadanía, falaron coas autoridades, fixeron caixas de resistencia e organizaron peches na [[Concatedral de San Xiao de Ferrol|Concatedral de San Xiao]], coa participación de homes e mulleres e o apoio do [[Partido Comunista]].<ref name=":1" />Varias mulleres militantes como Divina García Perreño, Fina Varela, Fina Piñón, María García Deibe e a súa filla Encarna Puentes organinzáronse para ir pola veciñanza pedindo diñeiro e comida para as familias da madereira. Fora unha decisión tomada no partido e convidaron a outras persoas a participar, a maioría mulleres.
Na desembocadura do río da Sardiña localizábase a empresa Peninsular Maderera (PEMSA), dedicada a fabricar portas e taboleiros de madeira. As condicións laborais foron a peor a finais dos anos sesenta.
 
As traballadoras demandaran igualdade salarial cos homes cun escrito presentado na Casa Sindical en abril de 1970 e acadaron a equiparación tras a folga, en maio dese ano.<ref>{{Cita novas|data=19 de abril de 1970|título=PENINSULAR MADERERA: PELÍCULA DE UN CONFLICTO|data-acceso=13/11/2021|xornal=Ferrol Diario}}</ref>
 
=== Metalúrgica Galaica, S.A. (MEGASA) ===
Esta empresa metalúrxica comezou sendo un almacén de ferros, localizada en [[Xuvia, Santa María de Neda, Neda|Xuvia]], e chegou a ser unha industria importante en [[Ferrolterra]].
 
=== Empresa Nacional BAZAN ===