Eugenio Montero Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Galería de imaxes: engado fotografía
Liña 104:
Tralo falecemento rexorde a idea de construírlle un monumento (idea que xa propuxera en 1905 o entón alcalde de Santiago, [[Cleto Troncoso Pequeño]]). O monumento foi encargado ó escultor valenciano [[Mariano Benlliure]] e costeado por subscrición popular. A escultura foi colocada na [[praza do Obradoiro]] (daquela, praza de Alfonso XII), en medio dunha forte polémica, e inaugurada en 1916. En 1928 trasladouse ó seu emprazamento actual, na [[praza de Mazarelos]].
 
[[Ficheiro:Recordo do nacemento de Montero Ríos na súa casa natal.JPG|miniatura|300px|Placa conmemorativa na casa natal]]
 
Montero Ríos aparece vestido coa toga (que alude á súa actividade profesional), condecorado co [[Orde do Vélaro de Ouro|Vélaro de ouro]] e porta na súa man un libro sobre a organización do poder xudicial <ref>A "''Lei sobre Organización do Poder Xudicial''" aprobouse sendo Montero Ríos ministro de Graza e Xustiza.</ref>. A figura elévase sobre un alto pedestal, no que uns relevos representan a Sapiencia e a Fe <ref>A alegoría da Sapiencia foi roubada nos anos cincuenta do século XX. A Fundación Benlliure conseguiu localizar o modelo orixinal e iso permitiu reproducila exactamente e restaurar a imaxe.</ref>, na parte dianteira, e a Caridade e a Xustiza na placa posterior. Nas placas laterais represéntanse a Agricultura (mediante unha muller que sementa a terra) e a Gandería (outra muller, alindando o gando.