John Trulock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
+ref
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
'''John Trulock''', nado en [[Bow, Londres|Bow]] ([[Londres]]) o [[31 de decembro]] de [[1856]] e finado en [[Iria Flavia, Padrón|Iria Flavia]] ([[Padrón]]) o [[8 de xuño]] de [[1919]],<ref name=lar>{{cita web |nome=Kirsty |apelido=Hooper |ligazón-autor=Kirsty Hooper |título=From Mile End to Iria Flavia: John Trulock (1856-1919), a British Railwayman in Galicia |url=https://hispanicbritain.wordpress.com/2014/05/08/from-mile-end-to-iria-flavia/ |páxina-web=Hispanic Britain |data=08-05-2014 |dataacceso=05-04-2020 |idioma=inglés}}</ref> foi o xerente en Galicia da compañía inglesa [[The West Galicia Railway Company Limited|The West Galicia Railway Co. Ltd.]], propietaria da primeira liña de [[ferrocarril]] entre [[Santiago de Compostela]] e [[Vilagarcía de Arousa]].<ref>{{Cita web |url=http://www.patrimoniovilagarcia.com/el-primer-ferrocarril-de-galicia--cornes-carril---picar-aspa-para-ampliar-as-imaxes_ws151231.wsbl |páxina-web=patrimoniovilagarcia.com |título=Historia do ferrocarril en Carril e Vilagarcía de Arousa |data-acceso=08-07-2020}}</ref><ref name=xerente>{{Cita web |apelido=Peris Torner |nome=Juan |url=https://www.spanishrailway.com/pontevedra-a-santiago-the-west-galicia-railway-company-limited/ |páxina-web=spanishrailway.com |título=Santiago a Carril y Pontevedra, (The West Galicia Railway Company Limited) |data=06-03-2012 |data-acceso=08-07-2020 |lingua=castelán |data-arquivo=25-04-2020 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20200425001052/https://www.spanishrailway.com/pontevedra-a-santiago-the-west-galicia-railway-company-limited/ |url-morta=yes }}</ref>{{#tag:ref|O primeiro [[Ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia foi inaugurado o [[15 de setembro]] de [[1873]] e unía a [[estación de Cornes]], no [[concello de Conxo]], preto de Santiago de Compostela, coa [[estación do Carril]], no [[concello do Carril]], preto de Vilagarcía de Arousa.<ref>{{Cita novas |xornal=[[El Correo Gallego]] |data=02-02-2018 |título=...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes |url=https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/compostelano-enlazaba-santiago-carril-estacion-tren-cornes/idEdicion-2018-02-02/idNoticia-1097673/ |lingua=castelán |dataacceso=08-07-2020}}</ref>|group="lower-alpha"}}
 
==Traxectoria==
Liña 24:
A familia foi separada; no [[censo]] de 1871 consta que seus irmáns foran acollidos en diferentes [[Orfanato|asilos para orfos]] da cidade de Londres,{{#tag:ref|No censo de 1871, Arthur atopábase no ''British Orphan Asylum'' (Asilo para Orfos Británicos) en [[Berkshire]]; Alfred e Henry encontrábanse no ''City of London Orphan School'' (Escola para Orfos da Cidade de Londres), en [[Lambeth]]; Kate e mais Ellen estaban no ''Infant Orphan Asylum'' (Asilo para Nenos Orfos) de [[Wanstead]]. Descoñécese o paradoiro de súa nai.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} non obstante, John con 14 anos vivía de forma independente e figura no censo como traballador dun almacén para unha fábrica de [[paraugas]] en [[Holborn]].<ref name=lar />
 
Cando contaba 18 anos de idade Trulock encontrábase en Galicia e foi nomeado voceiro da compañía [[Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel]] na xunta xeral de accionistas de 1875. En 1876 John Trulock figura como membro do consello do Ferro-Carril Compostelano, representando o financeiro británico da compañía Credit Foncier.<ref>{{cita novas |título=Ferro-carril Compostelano |url=http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=93&anyo=1876 |xornal=[[El Diario de Santiago]] |postscript=. —[[Galiciana|Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia]]. |páxina=1 |data=21-08-1876 |dataacceso=06-04-2020 |lingua=castelán}}</ref> En 1883 aparece como xerente,<ref>{{cita novas |título=Ferro-Carril Compostelano |url=http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0000090299&search=&lang=es |xornal=Gaceta de los Caminos de Hierro |páxinas=9-10 |data=25-03-1883 |dataacceso=06-04-2020 |lingua=castelán |postscript=. —Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España.}}</ref> cargo que ocuparía ata a súa morte en Iria Flavia no ano 1919.<ref name=xerente />
 
Casou o 31 de maio de 1889 no Consulado británico da Coruña con Josefina Bertorini, filla do seu socio comercial Camilo Bertorini e a súa esposa María Margarita Jones. O matrimonio tivo sete fillos, incluídos [[John Trulock Bertorini|John]], que foi piloto da [[Royal Air Force|RAF]], María, que casaría con [[Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón]], e mais Camila, a nai de [[Camilo José Cela|Camilo José Cela Trulock]].<ref>{{cita web |título=John Trulock Family Tree |url=https://gw.geneanet.org/arizkun?lang=en&pz=maria&nz=llacer+arizcun&p=john&n=trulock |páxina-web=geneanet.org |dataacceso=06-04-2020}}</ref>