Diferenzas entre revisións de «Abén Humeya»

m
Reemplazos con Replacer: «nacido»
m (Reemplazos con Replacer: «nacido»)
 
Era membro dunha familia musulmá granadina que se reclamaba descendente dos [[Dinastía Omeia|Omeias]] de [[Califato de Córdoba|Córdoba]] e que pactou o seu conversión durante a conquista de [[Reino de Granada|Granada]]. A cambio da súa conversión e colaboración, os [[Reis Católicos]] concederon o señorío de [[Válor]] ao avó de Abén Humeya, que adoptara o nome de ''Hernando de Córdoba'', e o dereito a ser membro do cabido granadino. A familia fixou a súa residencia en ''[[Válor|Válor o Alto]]'' e engadiu o nome de [[Válor]] ao seu apelido, pasando a ser Córdoba e Válor, e conseguindo o alcume de ''Os Valorís''.
 
Fernando de Córdoba e Válor nacidonaceu como cristián en Granada e chegou a ser [[Cabaleiro vinte e catro]] da cidade de [[Granada]], é dicir membro do cabido municipal.
 
Cando, tras o edicto de [[Filipe II de España|Filipe II]] en [[1568]] prohibindo a lingua árabe e os costumes musulmáns, estalou a insurrección dos [[mourisco]]s nas [[Alpujarras]], Fernando uniuse á [[Sublevación das Alpujarras|sublevación]], abxurando das crenzas cristiás e tomando o nome de Muhammad ibn Umayya (que pasou a pronunciarse como '''Abén Humeya'''). Mercé á influencia do seu tío, converteuse no principal dirixente da insurrección e foi proclamado rei. Os rebeldes combateron contra as tropas reais mandadas sucesivamente polo [[marqués de Mondéjar]], o marqués dos Vélez e [[Xoán de Austria]]. A pesar de que inicialmente a iniciativa militar correspondeu aos mouriscos, non conseguiron tomar [[Berja]]. Pronto xurdiron disensións entre os propios mouriscos. Segundo uns historiadores, a arbitrariedade e tiranía que mostra Abén Humeya, xunto co seu carácter despótico e receoso, fanlle perder o apoio dos rebeldes, sendo asasinado no seu palacio de [[Laujar de Andarax]] en outubro de 1569, aínda que outros din que foi asasinado por mouriscos axentes dos casteláns. En calquera caso, é sucedido polo seu primo [[Abén Aboo]]. A revolta sería sufocada en [[1571]].
349.713

edicións