Ciclo hidrolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
amplío intro a partir de en:water cycle
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 9:
A fase de evaporación do ciclo purifica a auga que despois enche a terra con auga doce. O fluxo de auga líquida e xeo transporta [[Mineral|minerais]] a través do globo terrestre. Tamén participa na remodelación das características xeolóxicas da Terra a través de procesos coma a [[erosión]] e a [[sedimentación]]. O ciclo hidrolóxico é tamén esencial para o mantemento da maioría dos [[ecosistema]]s do planeta.
 
A auga é constantemente absorbida pola atmosfera en forma de vapor. Procede de océanos, [[lago]]s, ríos e a [[Transpiración vexetal|transpiración]] dos [[Ser vivo|seres vivos]], principalmente dos [[Vexetal|vexetais]]. O vapor, ao arrefriarse, condénsase e [[conxelación|conxélase]], e cae en forma de [[Chuvia|choiva]], xeo, [[sarabia]] ou [[neve]]. A meirande parte das precipitacións caen sobre o [[mar]], pero unha cuarta parte cae sobre a terra, evaporándose a metade das mesmas pouco despois de caer. O resto volve de novo aos océanos, comezando así, novamente, o ciclo.
 
{{Commonscat|Water cycle}}