Fernando de Andrade e Soutomaior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
 
Estudou posibelmente a carreira eclesiástica na [[universidade de Salamanca]] e a finais de agosto de [[1596]] recibiu na capela do pazo familiar as [[ordes menores]], conferidas desde [[Roma]] por intermediación do seu tío-bisavó terceiro, o poderoso [[cardeal]] e [[Arquidiocese católica latina de Sevilla|arcebispo sevillano]] [[Rodrigo de Castro Osorio]].{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2013b|p=355 [do PDF]}}{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|pp=135-136}}
 
En [[1603]] acompañou o seu primo-sobriño segundo [[Pedro Fernández de Castro y Andrade|Pedro Fernández de Castro]], VII [[conde de Lemos]], na súa marcha para Roma. Alí atinxiu o grao de doutor na Facultade de Cánones da [[Universidade de Roma La Sapienza|universidade romana]] e, por mor do seu gran dominio xurídico, serviu na [[curia pontificia]] até [[1609]]. Exerceu tamén, nesta etapa, o cargo de Procurador Xeral das Igrexas das dúas Castelas. Ese ano foi designado [[arcediago]] de [[Carrión de los Condes|Carrión]] e [[cóengo]] da [[catedral de Palencia]]; no entanto, a comezos de [[1611]] aparece de novo na cidade pontificia, pois recibira a chamada do seu parente cando aínda non pasara un ano do nomeamento. Nas palabras do propio Fernando de Andrade: «regresamos a Roma para ser axente do [[reino de Nápoles]] sendo [[Vicerrei de Nápoles|vicerrei del]] don Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos e de [[Conde de Andrade|Andrade]]». A estreita relación que sempre tivo co conde traduciuse en que este procurase continuamente a súa promoción e favorecemento. Así, o traballo como axente permitiulle un relacionamento próximo co papa [[Paulo V, papa|Paulo V]], feito que propiciou que en [[1614]] o sumo pontífice decidise outorgarlle o [[deanato]] da [[catedral de Ávila]]. Non obstante, o vilagarcián non chegou a asumir o posto, polo cal é posíbel que tanto el como o conde de Lemos non o considerasen bo dabondo. De feito, a esposa de Pedro Fernández de Castro, Catalina de la Cerda Sandoval, chegou a escribir a Paulo V sobre a promoción en cuestión. Finalmente o papa concedeulle a finais do mesmo ano o arcediagado de [[Écija]] da [[catedral de Sevilla]]. Para poder gozar enteiramente de dito canonicato foi ordenado de Epístola por [[Timoteo Caselli]], [[Diocese de Marsico Nuovo|bispo de Marsica]], o [[13 de decembro]] de [[1615]].{{Sfn|{{Versaleta|Lobato Fernández}}|2020|pp=136-141}}
 
O [[29 de maio]] de [[1628]], no papado de [[Urbano VIII]], foi nomeado [[bispo de Palencia]].<ref name="CathHier"/> O [[10 de setembro]] do mesmo ano foi [[Consagración episcopal|consagrado]] por [[Diego de Guzmán y Haro]], [[arcebispo de Sevilla]], sendo co-consagradores [[Luis Camargo Pacheco]] e [[Juan de la Sal]], ambos bispos auxiliares de Sevilla.<ref name="CathHier"/>