Nóż w wodzie: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «agachado»
Liña 32:
O exitoso xornalista Andrzej ([[Leon Niemczyk]]) é a súa parella Krystyna ([[Jolanta Umecka]]) van pasar unha fin de semana aos lagos de [[Masuria]] para navegar co seu veleiro. Polo camiño atópanse cun transeúnte novo ([[Zygmunt Malanowicz]]) ao que convidan á excursión; o mozo que non sabe nada de navegación e aprende de Andrzej. Porén, ao longo da xornada prodúcense constantes confrontacións verbais entre o burgués Andrzej e o rebelde e libertario convidado, que ten un gran coitelo co que xoga e se entretén ao longo da excursión. Os dous mozos, para impresionar a Krystyna miden dun ou doutro xeito as súas forzas, sen que ningún dos dous se impoña como claro gañador.
 
Pola mañá, logo de pasar a noite no veleiro, Andrzej sorprende a súa parella conversando distendidamente co mozo. Prodúcese entón un enfrontamento entre os dous homes e Andrzej acaba guindando o preciado coitelo na auga, negándose logo a recuperalo, polo que o convidado brinca na auga pese a non saber nadar. Tras un tempo sen rastro do mozo a parella teme que afogase e os dous bótanse á auga para atopalo, sen éxito. Andrzej achégase ata a policía para informar da súa desaparición, mais o transeúnte non afogara senón que quedara agachadoagochado nunha boia e cando sabe que a rapaza está soa volta á embarcación. Despois de discutir reconcílianse e acábanse deitando xuntos. O veleiro volve á costa e o mozo deixa a embarcación para que non o vexa Andrzej, que espera a Krystyna no peirao. El explícalle que finalmente non se atreveu a avisar a policía e ela confésalle o que pasou pola noite e a súa infidelidade. Andrzej non a cre e continúa convencido da morte do rapaz. A parella volve á casa e cando ao chegar atopan unha encrucillada, conducindo un dos camiños á policía, o coche permanece indeciso.
 
== Véxase tamén ==