Albert Szent-Györgyi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «agachado»
Liña 37:
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] participou activamente na [[Resistencia Húngara]]. Aínda que Hungría se aliara coas potencias do Eixo, o primeiro ministro húngaro Miklós Kállay enviou a Szent-Györgyi á cidade de [[Istambul]] o ano [[1944]] para realizar negociacións secretas cos Aliados.
 
[[Adolf Hitler]] ditou unha orde de detención contra Szent-Györgyi, pero este escapouse da [[Gestapo]] e permaneceu agachadoagochado dous anos. Despois da guerra recuperou o seu posto e mesmo se especulou coa posibilidade de que os soviéticos o nomeasen primeiro ministro, polo que se afiliou ao [[Partido Comunista de Hungría]] e foi elixido membro do Parlamento á vez que creou o laboratorio de Bioquímica da Universidade de Budapest e restableceu a Academia de Ciencias de Hungría. Descontento co goberno, emigrou aos Estados Unidos o ano 1947, sendo nomeado cidadán americano o ano [[1955]].
 
Durante a súa estancia en norteamérica, creou o seu propio laboratorio na cidade de Woods Hole, situada no estado de [[Massachusetts]] e iniciou as súas investigacións sobre o cancro, desenvolvendo teorías sobre [[física cuántica]] aplicadas á bioquímica desta enfermidade. Durante a década de 1970 a súa procura conduciuno a deducir que os [[radical (química)|radicais libres]] eran unha causa potencial do cancro.