Pontevedra Athletic Club: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O primeiro equipo da cidade de Pontevedra foi o '''Pontevedra Sporting Club''', fundado no ano [[1905]], que xogaba no Campo da Xunqueira. Vestía camisa branca e pantalón negro e sobre todo disputaba encontros amigábeis contra equipos de [[Vigo]] ([[Fortuna de Vigo]], [[Vigo FC]], [[Exiles FC]] ou [[Español FC]]), [[Vilagarcía de Arousa]], [[Marín]] ou inclusive [[Santiago de Compostela]].
 
Polas súa filas pasaron xogadores coma o defensa [[Edmundo NovoaNóvoa]], que foigañou fichadoa polo[[Copa do Rei de fútbol 1908|Copa do Rei de 1908]] como reforzo do [[Real Madrid]], ou [[Luis Otero Sánchez|Otero]], o primeiro futbolista galego internacional, nos [[Xogos Olímpicos de 1920|Xogos Olímpicos de Antuerpen]].
 
Nos primeiros anos da década de 1910 xorden gran número de clubs na cidade do [[Río Lérez, ría de Pontevedra|Lérez]], coma o Vitoria FC ([[1907]]), o Gimnasio FC ([[1909]], dependente do Sociedade Liceo Gimnasio que organizaba a Copa de Pontevedra), o Lérez FC, o Artístico FC, o Quiroga FC, o Progreso FC, o Colón FC, o Deportivo FC ou o Atlántico.