Coeficiente de Gini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:2017,_Coeficiente_de_Gini,_Mapa_del_mundo.svg|alt=|miniatura|400x400px|Mapa de países segundo o seu coeficiente de Gini en 2017.]]
[[Ficheiro:GINI_Index_SVG.svg|dereita|miniatura|400x400px|Coeficiente de Gini do ingreso nacional no mundo. Mapa baseado en datos de 1989 a 2009, tomados do ''factbook'' da CIA (algúns datos son antes de impostos e transferencias, outras despois de impostos e transferencias).]]
O '''coeficiente de Gini''' é unha medida da desigualdade ideada polo [[Estatística|estatístico]] [[Italia|italiano]] [[Corrado Gini]] publicada no documento ''"Variabilità e mutabilità"'' (''"Variabilidade e mutabilidade"'' en [[Lingua italiana|italiano]]), en [[1912]]. Normalmente utilízase para medir a [[desigualdade nos ingresos]], dentro dun país, pero pode utilizarse para medir calquera forma de distribución desigual. O [[Coeficiente (matemática)|coeficiente]] de Gini é un número entre 0 e 1, onde 0 equivale á perfecta igualdade (todos teñen os mesmos ingresos) e o valor 1 correspóndese coa perfecta desigualdade (unha persoa ten todos os ingresos e os demais ningún).
O '''índice de Gini''' é o coeficiente de Gini multiplicado por 100, é dicir, en porcentaxe, onde o 100 é o máximo, no canto de 1. Unha variación de dúas centésimas do coeficiente de Gini (ou dúas unidades do índice) equivale a unha distribución dun 7% de riqueza do sector máis pobre da poboación (por debaixo da mediana) ao máis rico (por derriba da mediana).