Seixo, Marín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 64:
As actividades náuticas marcan a oferta deportiva, principalmente dende o porto deportivo de Aguete. Destaca a Escola de Vela xestionada polo Club de Mar de Aguete, que durante todo o ano celebra probas e imparte clases de diferentes modalidades, sábados e domingos no invierno e todos os días cando chega o verán. Na época estival tamén traballa a escola Imua, sita na praia máis próxima ao peirao, con clases de paddle surf, caiac e sup ioga.
 
En 1969 federouse o [[C.D. Timonel|Club Deportivo Timonel]], equipo de fútbol que representou á parroquia en categoría seniorsénior e infantil ata a súa disolución en 1986. Vestía camiseta amarela, calzón negro e medias listadas de ambas cores. Acadou a súa mellor clasificación histórica na tempada 1982/83, cun 3º posto no Grupo V da 3ª Categoría Rexional, quedando ás portas do ascenso. Ata 1972 xogaba habitualmente como local no campo de San Pedro (Marín) ou en Bueu. Coa axuda económica dos veciños mercaron e habilitaron os terreos do seu propio feudo, o Campo de Loira, a carón do colexio público de Seixo e actualmente en desuso.
 
O areal de Loira acostuma acoller torneos de voleibol, balonmán e fútbol praia no verán, deixando os campos dispoñibles para veciños e visitantes o resto do tempo.