Douai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con información da wiki en castelán.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2021 ás 17:29

Coordenadas: 50°22′15″N 3°04′45″L / 50.37083, -3.07917

Douai (Dowaai en neerlandés), é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Norte, na rexión Norte-Paso de Calais, que é a capital da comarca do douaisis.

O río Scarpe, afluente do Escalda, ao seu paso por Douai

Douai, que tivo a súa orixe no asentamento romano de Castellum Duacum ou Duacum, desenvolveuse como cidade sede dunha importante universidade católica e un rico centro téxtil de Flandres durante o dominio dos Habsburgo españois desde o século XVI até o século XVII.

Tras incorporarse á coroa de Francia no século XIX creceu impulsada pola revolución industrial e, tras a Segunda Guerra Mundial, como centro da industria mineira do norte de Francia. A crise económica do sector e a reconversión industrial dos anos 1980 causou unha perda da poboación, que se recuperou a finais dos años 1990 tras a orientación económica da cidade cara ao sector da automoción.

O Beffroi de Douai, un edificio ricamente ornamentado do século XVI, forma parte do conxunto de beffrois, un tipo de torres cívicas, campanarios municipais de Bélxica e Francia clasificados Patrimonio UNESCO da Humanidade.

Así mesmo, o desfile procesional dos xigantes Gayant, manifestación do folclore de Flandres, está catalogado como unha das obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.