Lista de episodios de Serramoura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1.524:
| Aux4 = 85 000
| Aux5 = 11,8%
| ResumoBreve = A xuíza Tania Crespo está de volta en Serramoura para investigar a unha perigosa banda criminal. O seu principal obxectivo é entrevistarse con Santos para obter datos sobre unha das integrantes da banda: Emilia. Mentres tanto, Tomás aproveita a boa disposición de Roi para ofrecerlle un traballo como asesor externo do cuartel. A súa función é revisar casos non resoltos, algo que Roi non acolle con moito entusiasmo ata que atopa un expediente que chama a súa atención. Ao mesmo tempo Emilia volve á vila para pedir axuda a Santos. Está escapando do xefe da organización e necesita agocharse durante un tempo. Santos accederá a axudala?
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.532 ⟶ 1.533:
| Aux4 = 101 000
| Aux5 = 11,4%
| ResumoBreve = O plan para axudar de Santos para axudar a Emilia non podía saír peor. Corso conseguiu dar co paradoiro de Emilia e esixe a devolución dos diamantes roubados, pero ninguén sabe onde están, agás Evaristo que conserva unha pequena parte. Mentres tanto no cuartel, Marga, Tomás, Tania e Quique son conscientes de que está pasando algo con Emilia, pero a pesar dos seus esforzos non conseguen ningún tipo de información, pero todo se complica cando atopan unha bomba no posto de mando. Ao mesmo tempo, Roi segue adiante coa do caso de Moisés, pero con cada novo avance o desenlace apunta na peor dirección posible.
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.540 ⟶ 1.542:
| Aux4 = 101 000
| Aux5 = 11,8%
| ResumoBreve = A presenza de Corso en Serramoura non facía presaxiar nada bo e así foi. A morte de Luz causou un profundo pesar para toda a vila e en particular para os Fiúza. Román non quere saber nada do seu pai, ao que responsabiliza da morte de Luz, e Evaristo, en shock polo acontecido, só ten un obxectivo: acabar no cárcere. Mentres tanto, Roi segue adiante investigando o caso de Moisés. O primeiro obxectivo é descubrir o significado das cruces que atopou no fogar do desaparecido, algo que non será doado e requirirá a colaboración de Patri. Ao mesmo tempo, Marga recibirá unha carta onde a propoñen para un novo destino.
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.548 ⟶ 1.551:
| Aux4 = 71 000
| Aux5 = 8,5%
| ResumoBreve = En Serramoura a felicidade sempre se paga, e iso é que lle pasou a familia Neira despois de que Marga aceptase o posto que lle ofrecían en Madrid. E é que a desaparición de Monchiño colleu a toda a vila por sorpresa. Sen tempo que perder, o cuartel de Serramoura puxo en marcha un operativo de busca en toda a vila sen que houbese novidades, polo que Tomás non dubida en encargar a Roi que investigue pola súa conta e que atopará nos debuxos do neno unha pista fundamental para establecer unha teoría. A pesar de que os efectivos da Garda Civil están facendo todo o posible, os veciños de Serramoura non tardan en organizar a súa propia busca. Moncho, moi afectado pola desaparición de Monchiño, informará a Evaristo de cada movemento do cuartel para coller ao sospeitoso o antes posible.
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.556 ⟶ 1.560:
| Aux4 = 78 000
| Aux5 = 8,7%
| ResumoBreve = Toda Serramoura participa na busca de Monchiño, o sobriño de Marga, pero a pesar dos esforzos aínda non se atopou ningunha pista do pequeno. O posto de mando da Garda Civil traballa coa hipótese de que o neno non marchou por vontade propia e que alguén o retén contra a súa vontade, pero quen faría algo así? Aínda que todos manteñen a esperanza de atopar a Monchiño, Roi é o único que aposta por novas liñas de investigación. Os pendentes que levou unha das mestras do neno ata o cuartel pertencen a Raquel, pero iso implicaría que a irmá de Marga está viva.
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.564 ⟶ 1.569:
| Aux4 = 93 000
| Aux5 = 10,5%
| ResumoBreve = O dispositivo de busca que puxo en marcha o posto de mando de Serramoura segue sen dar resultado e os equipos de rescate non deron con ningún rastro do pequeno, con todo a teoría de Roi respecto a que Raquel segue con vida e que Moisés e Pedro son a mesma persoa, ten cada vez máis sentido. O tenente Penedo da un prazo de corenta e oito horas a Marga e Roi para probar a nova teoría, pero se non atopan nada firme, terán que abandonar esa liña de investigación. Mentres tanto, Raquel e Monchiño viven alleos a todo o que acontece en Serramoura, pero desde que Moisés levou a Monchiño ata a cabana, Raquel non fixo outra cousa que pensar nunha forma de escapar, pero o medo ao seu secuestrador xoga na súa contra.
}}
{{Lista de episodios
Liña 1.572 ⟶ 1.578:
| Aux4 = 92 000
| Aux5 = 11,6%
| ResumoBreve = A tranquilidade aínda non chegou a Serramoura. Despois de escapar da casa de Moisés, Raquel e Monchiño chegaron ata o río onde Raquel tiña preparada unha embarcación para escapar co seu fillo da mans do seu secuestrador, pero no último momento Moisés conseguiu arrebatarlle o neno e deixala mal ferida, o que supuxo un golpe moi duro para Raquel. Marga e Roi non tardan en dar co paradoiro de Raquel, pero non hai rastro do neno. Sen tempo que perder, Tomás pon en marcha un novo operativo para atopar a Monchiño sa e salvo e deter a Moisés antes de que faga máis dano.
}}
|}