Diferenzas entre revisións de «Alfreda Markowska»

máis da es.wiki
(máis da es.wiki)
{{enuso}}
{{Biografía}}
'''Alfreda Noncia Markowska''', nada o [[10 de maio]] de [[1926]] e finada o [[30 de xaneiro]] de [[2021]], foi unha muller [[Polonia|polaca]] de [[pobo xitano|etnia xitana]] que durante a [[segunda guerra mundial]] salvou a vida duns cincuenta nenos [[pobo xudeu|xudeus]] e xitanos do [[Holocausto]] e do [[xenocidio]] de [[Porraimos]].
 
== Traxectoria ==
Markowska naceu nun ''[[tabor xitano]]'' que recorría unha zona de [[Ivano-Frankivsk|Stanisławów]], na rexión de [[Kresy]] da [[Segunda República Polaca]]. En 1939, a [[invasión de Polonia|invasión alemá de Polonia]] sorprendeuna en [[Lviv]] (actualmente parte de [[Ucraína]]. Despois de que a [[Unión Soviética]] invadise tamén [[invasión soviética de Polonia|Polonia]] como parte do [[pacto Ribbentrop-Molotov]] entre [[Iosif Stalin]] e [[Adolf Hitler]], o su tabor trasladouse á parte de Polonia ocupada polos alemáns. En [[1941]], os alemáns asasinaron a todos os membros da súa familia (entre 65 e 85 persoas), incluídos os seus pais e irmáns, nunha masacre preto de [[Biała Podlaska]], onde ela foi a única supervivente.
 
Pasou varios días buscando nos bosques locais a [[fosa común]] da súa familia. Dirixiuse a [[Rozwadów]], onde en 1942, á idade de 16 anos, casou. Mentres visitaban Stanisławów, ela e o seu home foron capturados nunha [[Łapanka|redada na rúa]] pola policía ucraína, que os entregou aos alemáns, pero a parella logrou escapar. Posteriormente, víronse na obriga de trasladarse a [[Guetos nazis na Europa ocupada|guetos]] xitanos en [[Lublin]], [[Lodz]] e Bełżec, pero tamén fuxiron deles e establecéronse en Rozwadów, onde os alemáns organizaran un campo de traballo para xitanos.<ref name="Romowie">{{Cita publicación|url=https://web.archive.org/web/20091210204102/http://www.romowie.com/romano_atmo/ra_5.pdf|título=Piękne życie Alfredy Markowskiej|apelidos=Gierliński |nome=K.|data=outubro de 2006|publicación=Romano Atmo|número=5|páxinas=10–11|data-acceso=31 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Commonscat}}