Diferenzas entre revisións de «Lingua bavaresa»

 
Aproximadamente doce millóns de persoas teñen este idioma por lingua materna. A maioría delas viven en Austria e no estado federal de Baviera. En Austria todos os dialectos a partir do [[Estado de Tirol|Tirol]] (oeste) ata [[Burgenland]] (este) son '''variantes dialectais''' do bávaro. No estado federal austríaco de '''Vorarlberg''', que é lindeiro con [[Suíza]], fálase un '''dialecto alemánico'''. En Alemaña o bávaro é falado en tres distritos do estado federal de Baviera: '''Alta Baviera''', '''Baixa Baviera''' e '''Alto Palatinado'''. No norte de Baviera fálanse '''dialectos francóns''' e no distrito da actual '''Suevia''' tamén se fala un '''dialecto alemánico'''. En [[Italia]] o bávaro é falado na rexión alpina de [[Tirol do Sur]] e tamén en pequenas aldeas de [[Trentino-Tirol do Sur|Trentino]] e [[Friúl-Venecia Xulia|Friuli]].
 
O número de persoas que coñecen o bávaro é difícil de estimar con bastante precisión, porque non todas elas téñenoo teñen como primeira lingua. Unha proporción indeterminada fala o alemán padrón como idioma principal e só ten unha competencia pasiva en bávaro. Entre os falantes do bávaro tamén se contan minorías con outras linguas maternas, sendo a maioría deles inmigrantes de primeira ou segunda xeración.
 
== Lingua ou dialecto? ==