Diferenzas entre revisións de «Rutas de ratas»

m
Reemplazos con Replacer: «Fecha incompleta»
m (Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos»)
m (Reemplazos con Replacer: «Fecha incompleta»)
* [[Hans-Ulrich Rudel]]. Foi liberado en 1946 e fuxiu a Arxentina en 1948. Alí fundou o ''Kameradenwerk'', unha organización a prol dos criminais nazis. Foi asesor militar nas ditaduras militares sudamericanas, entre elas a de [[Alfredo Stroessner]] en Paraguai e a de [[Augusto Pinochet]] en [[Chile]]. Regresou á [[República Federal Alemá (1949–1990)|RFA]] en 1953 e presentouse ese ano ás eleccións federais, malia non entrar no [[Bundestag]]. Morreu en [[Rosenheim]] o 18 de decembro de [[1982]].
* [[Dinko Sakic]]. Fuxiu a [[España]] e estabeleceuse posteriormente na Arxentina en 1947. Foi detido en 1998 e extraditado a [[Croacia]]. O 4 de outubro dese ano foi declarado culpábel de crimes de guerra e de lesa humanidade e condenado a 20 anos de prisión. Morreu en [[Zagreb]] o 20 de xullo de 2008.
* [[Franz Stangl]]. Tras pasar por [[Siria]], fuxiu a [[Brasil]] en 1951. Foi arrestado en 1967 e extraditado á [[República Federal Alemá (1949–1990)|RFA]]. O 22 de decembro de 1970 foi condenado a [[cadea perpetua]]. Morreu un ano despois por [[insuficiencia cardíaca]].
* [[Gustav Wagner]]. Fuxiu a [[Brasil]] en 1950. Foi arrestado o 30 de maio de 1978 tras unha investigación feita por [[Simon Wiesenthal]], supervivente do [[Holocausto]]. Porén, este entregárase ás autoridades brasileiras, que rexeitaran as solicitudes de extradición de Israel, [[Austria]], a RFA e [[Polonia]]. Suicidouse en outubro de 1980.
* [[Boris Smyslovsky]]. Fuxiu a [[Arxentina]] en 1948 dende [[Liechtenstein]] co Primeiro Exército Nacional Ruso. Regresou a Liechtenstein en 1975 e morreu en [[Vaduz]] por causas naturais o 5 de setembro de 1988.
55.511

edicións