Domingo Páramos Núñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla e cat
m Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos»
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Ex emigrante ennos Estados Unidos e na Arxentina. Ferreiro de Caldelas de Tui de ideoloxía anarcosindicalista. Nos anos vinte foi presidente da Sociedad Agraria de Caldelas, encabezou unha protesta das sociedades obreiras e agrarias de Tui pola fraude nas [[Eleccións xerais de España de 1923|eleccións a Cortes de 1923]],<ref>''La Zarpa'', 22-5-1923, p. 1.</ref> e foi detido en outubro de [[1923]] xunto co secretario da sociedade, [[Bernardo Troncoso Sotelo]], acusados de coacción e sabotaxe.<ref>''Galicia Nueva'', 23-10-1923, p. 1.</ref> Na República foi elixido concelleiro de Tui,<ref>''Tribuna'', 10-9-1933, p. 3.</ref> foi destituído logo da [[folga xeral revolucionaria de 1934]]. Foi detido en xuño de 1935 con [[Ramón Leopoldo Márquez Vázquez]] e outros, acusados do incendio da igrexa de [[Baldráns, Tui|Baldráns]].<ref>''El Pueblo Gallego'', 22-6-1935, p. 13.</ref> Foi reposto como concelleiro o 21 de febreiro de 1936. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi detido en setembro, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con [[Manuel Piñeiro Zúñiga]], [[Manuel Pérez Besada]], [[Fernando Rubio Estévez]], [[Hipólito Gallego Camarero]] e [[Francisco Rodríguez Otero]]. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Os seus restos, xunto cos de outros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados a Cuelgamuros o 26 de marzo de 1959.<ref>"Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", ''El Pueblo Gallego'', 27-3-1959, p. 3.</ref> Nos anos sesenta a súa viúva recibiu un comunicado da Xefatura do Estado no que se lle informaba que os restos do seu home estaban no [[Valle de los Caídos]].<ref>[https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/devolver/20210325212226118344.html A familia dun represaliado de Tui reclama o traslado dos seus restos do Val dos Caídos á Galiza]</ref>
 
== Vida persoal ==