Diferenzas entre revisións de «Guerra das correntes»

m
Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos» + mejoras cosméticas
m (Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»)
m (Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos» + mejoras cosméticas)
* Unha competencia aberta que involucraba a grandes compañías eléctricas, en paralelo cunha ''[[guerra de formatos]]'' que afectaba aos seus sistemas en desenvolvemento.
* Unha serie de accidentes aireados pola prensa, que provocaron un medo xeneralizado na mente do público á morte por electrocución accidental causada por AC de alta voltaxe, o que levou a un debate sobre a súa seguridade e regulación.
* A polémica e as manobras soterradas asociadas coa introdución da [[Cadeira eléctrica|cadeira eléctrica]].
 
A introdución de sistemas de iluminación pública mediante [[Lámpara de arco|lámpadas de arco]] a gran escala durante a década de 1870,<ref name=":0">{{Cita web|url=http://edisontechcenter.org/ArcLamps.html|páxina-web=edisontechcenter.org|título=Arc Lamps. The First Form of Electric Light|data-acceso=6 de xullo de 2021|apelidos=Whelan|nome=M.|lingua=en|data-publicación=2016}}</ref><ref>Dobson 2006, p. 153</ref> en moitos casos alimentados por corrente alterna de alta tensión, foi seguida en 1882 pola distribución de corrente continua de baixa tensión ideada por [[Thomas Alva Edison]], un sistema deseñado para o seu uso comercial e residencial en interiores, como alternativa á iluminación a base de gas ou de petróleo.<ref name="Center">{{Cita web|url=http://www.edisontechcenter.org/ArcLamps.html|título=Arc Lamps - How They Work & History|páxina-web=edisontechcenter.org}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://books.google.com/books?id=SL3km17q0-IC&pg=PA153&lpg=PA153&dq=brush%20%22arc%20light%22%20%22alternating%20current%22%20broadway&source=bl&ots=0JBB0TGQIu&sig=ZTR0kN3NPJKs8AujoJ2PynfEyf8&hl=en&sa=X&ei=NLIxVezBLK3nsATTkYEI&ved=0CCoQ6AEwAw#v=onepage&q=brush%20%22arc%20light%22%20%22alternating%20current%22%20broadway&f=false|título=Bulls, Bears, Boom, and Bust: A Historical Encyclopedia of American Business Concepts|editorial=[[ABC-CLIO]]|ISBN=978-1-85109-553-7}}</ref> En 1886, [[George Westinghouse]] comezou a construír un sistema de corrente alterna que utilizaba [[Transformador|transformadores]] que primeiro elevaban a voltaxe para a transmisión da electricidade a longa distancia e, logo, baixábano para alimentar a iluminación interior, creando un sistema máis eficiente e menos custoso que competía directamente polo mesmo mercado que o sistema de Edison. Moitas outras compañías eléctricas uníronse ao uso da AC, que se estendeu rapidamente. Entón, a principios de 1888, a compañía de Edison comezou a afirmar que a AC era perigosa e inferior ao seu sistema patentado de<font color="#777777"> DC.</font>
 
=== Consecuencias ===
Aínda que a guerra institucional das correntes rematou nunha fusión empresarial, a diferenza técnica entre os sistemas de corrente alterna e continua levou a unha controversia moito máis prolongada.{{Sfnp|Hughes|1993|pp=120-121}} Debido á innovación ennos Estados Unidos e Europa, as economías de escala de corrente alterna con plantas xeradoras moi grandes, ligadas a cargas mediante transmisión a longa distancia, foron combinándose lentamente coa capacidade de ligalas a tódolos sistemas existentes que necesitaban ser subministrados. Estes incluían sistemas de AC monofásicos, sistemas de AC polifásicos, iluminación incandescente de baixa tensión, iluminación de arco de alta tensión e motores de corrente continua existentes en fábricas e [[Tranvía|tranvías]]. No sistema universal de enxeñaría deseñado, estas diferenzas tecnolóxicas resolvéronse temporalmente a través do desenvolvemento de [[Convertedor rotatorio|convertedores rotatorios]] (ou [[Conmutratriz|conmutratrices]]) e [[Grupo convertedor|grupos convertedores]] que permitiron conectar a gran cantidade de sistemas herdados á rede AC.{{Sfnp|Hughes|1993|pp=120-121}}<ref name=":2" /> Estes dispositivos foron substituíndose lentamente a medida que se retiraron ou actualizaron os sistemas máis antigos.
 
En maio de 1892, Westinghouse Electric conseguiu superar a General Electric no contrato para electrificar a [[Exposición Mundial de Chicago|Exposición Mundial Colombina]] en [[Chicago]] e, aínda que non obtiveron beneficios, demostraron a presenza dun sistema de corrente alterna universal altamente flexible, seguro e eficaz capaz de alimentar a tódolos diferentes sistemas eléctricos existentes na Exposición o que levou á empresa a gañar a licitación a finais dese ano para construír unha central eléctrica de corrente alterna nas [[cataratas do Niágara]]. Pola súa banda, General Electric recibiu contratos para construír liñas de transmisión de corrente alterna e transformadores nese proxecto e outras ofertas en Niagara dado que se estaba a achegar, rapidamente, ao campo da corrente alterna{{Sfnp|Essig|2009|p=268}} debido en parte a [[Charles Proteus Steinmetz]], un matemático [[Reino de Prusia|prusiano]], quen foi a primeira persoa en entender completamente o potencial da AC dende un sólido punto de vista matemático. General Electric contratou a moitos novos enxeñeiros con talento para mellorar o seu deseño de transformadores, xeradores, motores e outros dispositivos.<ref>''The General Electric Story'', The Hall of History</ref>
Os teatros de Broadway da cidade de Nova York continuaron empregando servizos de corrente continua ata 1975, requirindo o uso de placas de resistencias obsoletas para diminuír a luz, operadas manualmente por varios axudantes de escena. Esta práctica rematou cando o [[Teatro musical|musical]] [[A Chorus Line|''A Chorus Line'']] introduciu reguladores de control de iluminación e tiristores computarizados (SCR) nos teatros en [[Broadway]],<ref name=":3">{{Cita publicación periódica|apelidos=Blalock|nome=Thomas J.|data=outubro 2002|título=Edison's Direct Current Influenced "Broadway" Show Lighting|revista=IEEE Power Engineering Review|páxinas=36-37|doi=10.1109/MPAE.2006.1578536|ISSN=1558-4216|url=https://ieeexplore.ieee.org/stamp/stamp.jsp?arnumber=4311717|volume=22|número=10}}</ref> e os teatros de Nova York, finalmente comezaron a empregar a AC.<ref name=":3" /> En xaneiro de 1998, Consolidated Edison comezou a eliminar o servizo DC, que nese momento aínda tiña 4.600 clientes. En 2006, só había 60 clientes que utilizasen o servizo de corrente continua e o 14 de novembro de 2007 pechouse a última distribución de corrente continua da compañía. Os clientes que seguían usando DC cambiaron a AC, adaptados cun [[rectificador]].<ref>{{Cita web|url=https://cityroom.blogs.nytimes.com/2007/11/14/off-goes-the-power-current-started-by-thomas-edison/|páxina-web=cityroom.blogs.nytimes.com|título=Off Goes the Power Current Started by Thomas Edison|data-acceso=27 de xullo d 2021|apelidos=Lee|nome=Jennifer|data-publicación=14 de novembro de 2007|lingua=en}}</ref> The ''[[Pacific Gas and Electric Company]]'' aínda ofreceu enerxía continua a algúns lugares de [[San Francisco]], [[California]], ata polo menos 2012, principalmente para ascensores, subministrado por uns 200 rectificadores que fornecían entre 7 e 10 clientes cada un.<ref>{{Cita web|url=https://spectrum.ieee.org/tech-history/dawn-of-electronics/san-franciscos-secret-dc-grid|páxina-web=spectrum.ieee.org|título=San Francisco’s Secret DC Grid|data-acceso=27 de xullo de 2021|nome=Peter|apelidos=Fairley|lingua=en|data-publicación=15 de novembro de 2012}}</ref>
 
O último sistema comercial de distribución de enerxía continua ennos Estados Unidos foi desmantelado en 2007.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20090205153252/http://www.coned.com/newsroom/news/pr20071115.asp|páxina-web=coned.com|título=A/C BUT NO D/C: LAST CON EDISON DIRECT CURRENT CUSTOMER IS HISTORY|data-acceso=27 de xullo de 20|data-publicación=14 de novembro de 2007|apelidos=Edison Media Relations|lingua=en}}</ref> O Consello Xerador de Electricidade Central no [[Reino Unido]] continuou mantendo unha estación de xeración de corrente continua de 200 voltios na [[central de enerxía de Bankside]], ao longo do [[río Támese]], en [[Londres]]. En 1981, a maquinaria para imprimir instalada en [[Fleet Street]], entón o corazón da industria xornalística do Reino Unido, foi desmantelada cando a industria xornalística mudouse á zona dos peiraos en desenvolvemento máis abaixo do río (usando modernos equipos alimentados por AC). O edificio converteuse nunha galería de arte, a [[Tate Modern]].{{Sfnp|Blowfield|Johnson|2013|p=64}}
 
Os [[Ferrocarril|ferrocarrís]] eléctricos que utilizan un sistema de [[alimentación por tercer riel]], empregan exclusivamente enerxía continua entre 110 e 1.500 voltios. Os ferrocarrís con tendido aéreo ([[Catenaria (ferrocarril)|catenaria]]) usan varios esquemas de enerxía, incluíndo AC de alta tensión e DC de baixa tensión. A baixa tensión neste contexto é de 5 kV ou menos.{{Sfnp|Steimel|2008|p=8}}