Historia de Afganistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»
m Reemplazos con Replacer: «en Estados Unidos»
Liña 207:
Ante está situación Estados Unidos asegurouse o control do aeroporto de [[Cabul]] para evacuar ao persoal diplomático e cidadáns americanos e doutros países que nas horas previas á entrada dos talibáns na capital deran orde de abandonar o país.<ref>{{Cita novas|título=Afghanistan: US takes control of Kabul airport to evacuate staff|url=https://www.bbc.com/news/world-asia-58227029|xornal=BBC News|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-GB}}</ref> Mais, a afluencia de moitos afgáns que, temerosos dos talibáns, buscaban obter refuxio provocaron problemas na xestión do aeródromo e escenas de pánico.<ref>{{Cita web|título=Chaos at Kabul airport amid scramble to evacuate|url=https://www.bbc.com/news/world-europe-58256696|páxina-web=BBC News|data=2021-08-18|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-GB}}</ref>
 
A caída do goberno de [[Afganistán]] e das súas forzas armadas, que durante case 20 anos foran sostidas por [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e os países da [[OTAN]] provocou críticas ennos Estados Unidos e os seus aliados. Mentres que o presidente [[Joe Biden|Biden]] afirmou que Estados Unidos cumprira cos obxectivos que motivaran a intervención de 2001,<ref>{{Cita web|título=Remarks by President Biden on Afghanistan|url=https://www.whitehouse.gov/briefing-room/speeches-remarks/2021/08/16/remarks-by-president-biden-on-afghanistan/|páxina-web=The White House|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-US}}</ref> en Europa as voces foron máis críticas cuestionando o xeito da retirada.<ref>{{Cita web|título=Disbelief and betrayal: Europe reacts to Biden’s Afghanistan ‘miscalculation’|url=https://www.politico.eu/article/europe-reacts-bidens-afghanistan-withdrawal/|páxina-web=POLITICO|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita web|título=U.K., French, German leaders blast Biden over Afghanistan: "We thought America was back"|url=https://www.newsweek.com/uk-french-german-leaders-blast-biden-over-afghanistan-we-thought-america-was-back-1621228|páxina-web=Newsweek|data=2021-08-19|data-acceso=2021-08-20|lingua=en|nome=Rebecca Klapper On 8/19/21 at 3:40 PM|apelidos=EDT}}</ref>
 
A toma do poder talibán causou unha fonda preocupación na comunidade internacional polo respecto do novo goberno cara os dereitos humanos, especialmente das mulleres.<ref>{{Cita web|título=As the Taliban return, Afghanistan's past threatens its future|url=https://www.nationalgeographic.com/history/article/as-the-taliban-rise-again-afghanistans-past-threatens-its-present|páxina-web=History|data=2021-08-15|data-acceso=2021-08-18|lingua=en}}</ref> Nos seus primeiros anuncios, procuraron calmar estes temores. Así, o voceiro dos talibán, [[Zabiullah Mujahid]], afirmou que se respectarían os dereitos das mulleres "[[Xaria|dentro da lei islámica]]", unha amnistía para os que traballaron para os países estranxeiros e para administración afgá, e o compromiso de non protexer a [[Al Qaida]] ou outros grupos terroristas.<ref>{{Cita web|título=Transcript of Taliban’s first news conference in Kabul|url=https://www.aljazeera.com/news/2021/8/17/transcript-of-talibans-first-press-conference-in-kabul|páxina-web=www.aljazeera.com|data-acceso=2021-08-18|lingua=en}}</ref> <ref>{{Cita novas|data=17-8-2021|título=O portavoz dos talibáns asegura que se respectarán os dereitos das mulleres, pero baixo a lei islámica|url=http://www.crtvg.es/informativos/o-portavoz-dos-talibans-asegura-que-se-respectaran-os-dereitos-das-mulleres-pero-baixo-a-lei-islamica|data-acceso=18-8-2021|medio=crtvg.gal}}</ref> Mais estas declaracións foron acollidas con escepticismo pola comunidade internacional.<ref>{{Cita web|url=https://rsf.org/fr/actualites/les-talibans-sengagent-aupres-de-rsf-respecter-la-liberte-de-la-presse-mais-comment-les-croire|páxina-web=Reportiers sans frontieres|título=Les Talibans s’engagent auprès de RSF à respecter la liberté de la presse, mais comment les croire ?}}</ref><ref>{{Cita web|título=Uncertainty looms for Afghan women despite Taliban outreach|url=https://apnews.com/article/taliban-604c270b5c8a2f2c0a95e333d358dcf8|páxina-web=AP NEWS|data=2021-08-17|data-acceso=2021-08-18|lingua=en}}</ref> Con todo, aos poucos días sucedéronse as novas sobre violacións dos dereitos humanos por parte dos talibáns. Deste xeito, os medios de comunicación informaron da morte de persoas que protestaban contra os talibáns en manifestacións espontáneas.<ref>{{Cita novas|data=19-08-2021|título=Os talibáns responden con disparos aos que protestan tras a súa chegada ao poder|url=http://www.crtvg.es/informativos/os-talibans-responden-con-disparos-aos-que-protestan-tras-a-sua-chegada-ao-poder-5272316|data-acceso=20-08-2021|medio=crtvg.gal}}</ref> Doutra parte, a [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] recibiu un informe que alertaba da elaboración de listas de colaboradores dos países occidentais para a súa persecución,<ref>{{Cita novas|título=Os talibáns, con listas negras, buscan casa por casa activistas e colaboradores|url=http://www.crtvg.es/informativos/os-talibans-con-listas-negras-buscan-casa-por-casa-activistas-ou-colaboradores-5272502|data-acceso=20-08-2021|medio=crtvg.gal}}</ref><ref>{{Cita novas|título=Afghanistan: Taliban carrying out door-to-door manhunt, report says|url=https://www.bbc.com/news/world-asia-58271797|xornal=BBC News|data=2021-08-20|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-GB}}</ref> e [[Amnistía Internacional]] reportou a "tortura e morte" de nove homes da comunidade [[Pobo hazara|hazara]].<ref>{{Cita web|título=Afghanistan: Taliban responsible for brutal massacre of Hazara men – new investigation|url=https://www.amnesty.org/en/latest/news/2021/08/afghanistan-taliban-responsible-for-brutal-massacre-of-hazara-men-new-investigation/|páxina-web=Amnesty International|data=2021-08-19|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref>