Diferenzas entre revisións de «Ofensiva talibá de 2021»

m
Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»
m (Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»)
Dende a invasión de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] de 2001 houbo focos de resistencia talibá. Na década de 2010 a diminución de tropas occidentais foi aproveitada polos talibáns para ir facendo avances e ocupar territorio afgán. Os intentos por lograr unha saída negociada ao conflito non deron resultado máis alá de treguas puntuais como as das festividades relixiosas festividades de [[Eid al-Fitr]] e [[Eid al-Adha]] en 2018.<ref>{{Cita novas|título=Afghanistan announces Eid ceasefire with Taliban until June 20|url=https://www.reuters.com/article/us-afghanistan-president-ceasefire-idUSKCN1J30O2|xornal=Reuters|data=2018-06-07|data-acceso=2021-08-20|lingua=en|nome=Hamid|apelidos=Shalizi}}</ref><ref>{{Cita web|título=Afghanistan: A ceasefire starts Monday for Eid al-Adha|url=https://www.euronews.com/2018/08/19/afghanistan-a-ceasefire-starts-monday-for-eid-al-adha|páxina-web=euronews|data=2018-08-19|data-acceso=2021-08-20|lingua=en|nome=Louise|apelidos=Miner}}</ref>
 
O [[29 de febreiro]] de [[2020]], Estados Unidos e os talibáns chegaron a un acordo de paz,<ref>{{Cita web|url=https://www.state.gov/wp-content/uploads/2020/02/Agreement-For-Bringing-Peace-to-Afghanistan-02.29.20.pdf|páxina-web=state.gov|título=Agreement for Bringing Peace to Afghanistan between the Islamic Emirate of Afghanistan which is not recognized by the United States as a state and is known as the Taliban and the United States of America|data-acceso=20-8-2021}}</ref> logo do cal, Estados Unidos e a [[OTAN]] fixaron en 14 meses o prazo para retirada de Afganistán.<ref>{{Cita novas|título=U.S. to withdraw troops from Afghanistan in 14 months if Taliban conditions met|url=https://www.reuters.com/article/us-usa-afghanistan-taliban-military-idUSKBN20N0K2|xornal=Reuters|data=2020-02-29|data-acceso=2021-08-20|lingua=en|nome=Reuters|apelidos=Staff}}</ref> Paralelamente, a administración de Donald Trump patrocinou negociacións entre ao goberno de Afganistán e aos talibáns en [[Doha]] ([[Qatar]]) en setembro de 2020. Con todo non houbo resultados deste diálogo intra-afgán.<ref>{{Cita web|título=Qatar to host long-awaited intra-Afghan talks from Saturday|url=https://www.aljazeera.com/news/2020/9/10/qatar-to-host-long-awaited-intra-afghan-talks-from-saturday|páxina-web=www.aljazeera.com|data-acceso=2021-08-27|lingua=en|nome=Shereena|apelidos=Qazi}}</ref> A retirada definitiva dos soldados dedos Estados Unidos foi adiada polo presidente [[Joe Biden]]. Buscando ter os efectivos de volta para a conmemoración do vixésimo aniversario do [[Atentados do 11 de setembro de 2001|11S]],<ref>{{Cita web|título=Biden to withdraw all troops from Afghanistan by September|url=https://www.nbcnews.com/politics/white-house/biden-withdraw-all-troops-afghanistan-september-n1263944|páxina-web=NBC News|data-acceso=2021-08-23|lingua=en}}</ref> fixou a data de regreso dos derradeiros continxentes para o [[31 de agosto]] de [[2021]].<ref>{{Cita web|título=Remarks by President Biden on the Drawdown of U.S. Forces in Afghanistan|url=https://www.whitehouse.gov/briefing-room/speeches-remarks/2021/07/08/remarks-by-president-biden-on-the-drawdown-of-u-s-forces-in-afghanistan/|páxina-web=The White House|data=2021-07-08|data-acceso=2021-08-23|lingua=en-US}}</ref>
 
== Desenvolvemento ==