Rutas de ratas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎As liñas de ratas en Roma: cómpre referencia con modelo de marcador de texto
Etiqueta: edición de código 2017
m Reemplazos con Replacer: «en Arxentina»
Liña 37:
* [[Eduard Roschmann]]. Escapou a Arxentina en 1948. Fuxiu a [[Paraguai]] para evitar a extradición e morreu alí, en [[Asunción]], en 1977.
* [[Hans-Ulrich Rudel]]. Foi liberado en 1946 e fuxiu a Arxentina en 1948. Alí fundou o ''Kameradenwerk'', unha organización a prol dos criminais nazis. Foi asesor militar nas ditaduras militares sudamericanas, entre elas a de [[Alfredo Stroessner]] en Paraguai e a de [[Augusto Pinochet]] en [[Chile]]. Regresou á [[República Federal Alemá (1949–1990)|RFA]] en 1953 e presentouse ese ano ás eleccións federais, malia non entrar no [[Bundestag]]. Morreu en [[Rosenheim]] o 18 de decembro de [[1982]].
* [[Dinko Sakic]]. Fuxiu a [[España]] e estabeleceuse posteriormente enna Arxentina en 1947. Foi detido en 1998 e extraditado a [[Croacia]]. O 4 de outubro dese ano foi declarado culpábel de crimes de guerra e de lesa humanidade e condenado a 20 anos de prisión. Morreu en [[Zagreb]] o 20 de xullo de 2008.
* [[Franz Stangl]]. Tras pasar por [[Siria]], fuxiu a [[Brasil]] en 1951. Foi arrestado en 1967 e extraditado á [[República Federal Alemá (1949–1990)|RFA]]. O 22 de decembro 1970 foi condenado a [[cadea perpetua]]. Morreu un ano despois por [[insuficiencia cardíaca]].
* [[Gustav Wagner]]. Fuxiu a [[Brasil]] en 1950. Foi arrestado o 30 de maio de 1978 tras unha investigación feita por [[Simon Wiesenthal]], supervivente do [[Holocausto]]. Porén, este entregárase ás autoridades brasileiras, que rexeitaran as solicitudes de extradición de Israel, [[Austria]], a RFA e [[Polonia]]. Suicidouse en outubro de 1980.