Vox Stellae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
restauro á versión anterior ao copyvio
Etiqueta: Revertida
Liña 1:
{{sen referencias}}
'''Vox Stellae''', antes coñecido como '''Coro de cámara Campus Stellae,''' creouse no ano [[2002]] co gallo dun ciclo de conferencias sobre a música do [[Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela]] a cargo do musicólogo [[Xosé López Calo]].
 
== Traxectoria ==
Ademais dun labor de difusión, o coro realiza concertos abordando outros repertorios, desde o Gregoriano ata o Barroco fundamentalmente, sen descoidar a música do [[século XX]] e a creación musical en Galicia. Campus Stellae está incluído no “Circuíto Cultural” da [[Deputación Provincial da Coruña]] e a “Axenda de Artistas de Galicia”.
 
Os seus membros formáronse nos Conservatorios de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e La Habana e colaboran habitualmente con formacións de grande prestixio: Coro da OSG, Capela Musical da Catedral de Santiago, Orfeón Terra a Nosa, Europachorakademie Stuttgart, Ludus Tonalis, Coro Eborae Musica, Camerata Ad Libitum, Coro da USC, Collegium Compostelanum, Capela Lauda Sion, Voces de Europa, Coro Filgueira Valverde, Coro da UEM, Coro da COACE …
 
En decembro de 2005, Campus Stellae actuou no “Encuenntro Coral Internacional” de La Laguna, presentando un programa integramente adicado á música do Arquivo da Catedral de Santiago.
 
En 2006, entre outras actuacións, participou nos actos de consagración e inauguración da igrexa de Santiago de Arteixo, actuou na entrega das [[Medalla Castelao|Medallas Castelao]], outorgadas pola [[Xunta de Galicia]], acto no que volveu participar en 2007.
 
Actualmente vén de actuar para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades galegas no exterior e empeza a ser reclamada en concertos e eventos en todo o país.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
* [http://www.voxstellae.es Coro Vox Stellae]
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Corais polifónicas de Galicia]]
{{copyvio|1=https://ocioengalicia.com/pontevedra/concierto-del-coro-vox-stellae-en-pontevedra/}}
{{wikificar}}