Vox Stellae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
m Actualización de curriculum. Inserción de imaxe.
Liña 1:
{{sen referencias}}
'''Vox Stellae''', antes coñecido como '''Coro de cámara Campus Stellae,''' creouse no ano [[2002|2003]] co gallo dun ciclo de conferencias sobre a música do [[Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela]] a cargo do musicólogo [[Xosé López Calo]].
[[Ficheiro:Vox Stellae.jpg|miniatura|Vox Stellae. Foto: María Rey]]
 
== Traxectoria ==
Nace en 2003 con motivo dunha conferencia do musicólogo José López Calo sobre a música na Catedral de Santiago. Un dos seus sinais de identidade é a difusión da música galega, tanto a dos arquivos das catedrais como a creación contemporánea e a música popular. Amais de participar en actos institucionais e concertos didácticos, ten actuado en diversas tempadas de abono e festivais: Vía Stellae, Espazos Sonoros, De lugares e Órganos, Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, Semana de Música de La Laguna, Outono dos sentidos na Ribeira Sacra, Festival Internacional Provincia de Palencia, Ciclo de Música Sacra de Castilla y León, Jornadas Jacobeas Internacionales, Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Camiño de Cantares, Festival Internacional de Música Relixiosa de Guimaraes…
Ademais dun labor de difusión, o coro realiza concertos abordando outros repertorios, desde o Gregoriano ata o Barroco fundamentalmente, sen descoidar a música do [[século XX]] e a creación musical en Galicia. Campus Stellae está incluído no “Circuíto Cultural” da [[Deputación Provincial da Coruña]] e a “Axenda de Artistas de Galicia”.
 
''Vox Stellae'' colabora con agrupacións e solistas como a ''Orquesta de Cámara de Tenerife'', ''Orquestra de Cámara Galega'', ''Finis Terrae Brass'', ''Os Menestreis de 1500'', ''Taller Atlántico Contemporáneo'', Cristina Pato, Joaquín Barreira, Manuel Vilas, Beatriz Díaz, Belén Elvira, Juan Antonio Álvarez Parejo, Juan Manuel Varela, Fernando Buíde, Uxía Senlle, Joao Afonso ou o dramaturgo Maximino Queizán.
Os seus membros formáronse nos Conservatorios de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e La Habana e colaboran habitualmente con formacións de grande prestixio: Coro da OSG, Capela Musical da Catedral de Santiago, Orfeón Terra a Nosa, Europachorakademie Stuttgart, Ludus Tonalis, Coro Eborae Musica, Camerata Ad Libitum, Coro da USC, Collegium Compostelanum, Capela Lauda Sion, Voces de Europa, Coro Filgueira Valverde, Coro da UEM, Coro da COACE …
 
Entre o seu amplo repertorio destacan a estrea absoluta de ''Tres Imaxes de Compostela'' e ''Vésperas de San Martiño'' (M. Mato), a estrea en España da ''Misa en Sol'' ''a Santiago de Compostela'' (A. Tucapsky), as reestreas da ''Misa en Do M'' (Frei R. Salvado) e a ''Missa Voce Mea'' (C. de Medrano) ou a estrea en Galicia de ''Rothko Chapel'' (M. Feldman). Dentro do proxecto de recuperación do patrimonio musical da catedral de Tui editou tres discos con música de Matías García Benayas (+1737) e obras anónimas dos libros de polifonía: ''Defensor alme Hispaniae'' (2013), que recibiu o ''Melómano de Ouro'', ''Salvete Flores'' (2016) e ''Canite Tuba'' (2020).
En decembro de 2005, Campus Stellae actuou no “Encuenntro Coral Internacional” de La Laguna, presentando un programa integramente adicado á música do Arquivo da Catedral de Santiago.
 
En 2006, entre outras actuacións, participou nos actos de consagración e inauguración da igrexa de Santiago de Arteixo, actuou na entrega das [[Medalla Castelao|Medallas Castelao]], outorgadas pola [[Xunta de Galicia]], acto no que volveu participar en 2007.
 
“Ni que decir tiene, que la labor del coro de cámara compostelano ''Vox Stellae'' en la grabación del disco, es impoluta” (Bruno Díaz, ''Atlántico Diario'')
Actualmente vén de actuar para a Comisión Delegada do Consello das Comunidades galegas no exterior e empeza a ser reclamada en concertos e eventos en todo o país.
 
“La interpretación vocal e instrumental son sencillamente impecables, a la altura de cualquier ensemble internacional” (Pablo F. Cantalapiedra, ''Melómano'')
 
“La afinación del conjunto es buena, así como la musicalidad, dicción del texto e incluso un cierto misticismo a la hora de interpretar cada una de las piezas, sin excesos ni extravagancias” (Daniel Villagrasa, ''Melómano'')
 
==Véxase tamén==