Legume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
RubenWGA (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5893410 de 2A01:C50E:5180:8E00:B54B:18EA:72C9:1BE9 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 3:
Denomínase '''legume''' (do [[latín]] ''legumen'') a un tipo de [[froito]] seco, tamén chamado comunmente '''vaíña''', '''vaxa''' ou '''bagullo'''. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.
 
Os legumes constitúen un grupo de [[alimento]]s moi homoxéneo, formado polos [[froito]]s secos das [[leguminosa]]s, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do [[Xineceo (botánica)|xineceo]], dun só [[carpelo]] e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira centralventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao [[mesocarpio]] e ao [[endocarpio]] do froito.
 
O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.