Diferenzas entre revisións de «Erupción volcánica de La Palma de 2021»

;16 de outubro
O sábado [[16 de outubro]] outro dos fluxos de lava se achegaba a un novo punto do litoral da illa. O Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcan) sinalaron que a lava fluía baixo a montaña da La Laguna a 1,3 quilómetros por hora polo que, ao recibir unhas importantes achegas de lava, o equipo científico determinou que era probable que acadara o mar en poucas hora á altura da punta de El Perdido.<ref>{{Cita novas |url=https://www.canarias7.es/canarias/la-palma/colada-supera-montana-20211016125939-nt.html#vca=modulos&vso=canarias7&vmc=lo-mas-leido&vli=canarias/la-palma |título=La colada supera la montaña de La Laguna y fluye hacia el mar |xornal=Canarias 7 |data=16 de outubro de 2021 |dataacceso=17 de outubro de 2021 |lingua=es}}</ref>
 
Ao longo do día se rexistraron 90 sismos, un deles de 4,6 mbLg, localizado ao suroeste de Villa de Mazo ás 5:41 a 37 quilómetros de profundidade e que foi sentido en case toda a illa. Este foi o terremoto de maior magnitude rexistrada dende que o volcán entrara en erupción o 19 de setembro.<ref name="todos">{{Cita novas |url=https://www.canarias7.es/canarias/la-palma/terremoto-deja-sentir-20211017110737-nt.html |título=Un terremoto de 4,3 se deja sentir en todos los municipios de La Palma durante la noche |xornal=Canarias 7 |data=17 de outubro de 2021 |dataacceso=17 de outubro de 2021 |lingua=es}}</ref>
 
=== Quinta semana ===
Durante a noite do 16 ao 17 de outubro a rede de vixilancia volcánica de seguemento 24 do Instituto Xeográfico Nacional rexistrou 42 sismos asociados á erupción, dos cales unha ducia tiveron unha magnitude superior a 3 (mbLg), cunha máxima de 1,3 ao suroeste de Villa de Mazo ás 4:10 a unha profundidade de 35 quilómetros, e que se fixo sentir en varias poboacións de toda a illa, a este se sumaron outros dous sismos de 3,2 e 3,4 ás 5:56 e ás 8:12 ao noroeste de Fuencaliente e Villa de Mazo, localizados a 11 e 12 quilómetros de profundidade.<ref name="todos"/>
 
Os ramais situados máis ao norte do primeiro fluxo de lava encontrábanse a 200 metros do cantil, ao que se dirixían a unha velocidade de 15 metros por hora, de acordo con Involcan. A chegada ao mar deste fluxo de lava podería provocar podería provocar novos confinamentos na zona. Pola súa banda, o fluxo primixenio seguía a ter unha achega de lava moi feble, mentres que as outras dúas proseguían lentamente o seu avance. A temperatura da lava ascendía ata os 1&nbsp;270 graos.<ref>{{Cita novas |url=https://www.canarias7.es/canarias/la-palma/frente-colada-encuentra-20211017141726-nt.html |título=El frente de la colada que va al mar se encuentra a 200 metros del acantilado |xornal=Canarias 7 |data=17 de outubro de 2021 |dataacceso=17 de outubro de 2021 |lingua=es}}</ref>
 
== Reaccións ==
32.911

edicións