Diferenzas entre revisións de «Erupción volcánica de La Palma de 2021»

O día seguinte á erupción xa se fixeron notar as primeiras consecuencias no sector primario palmeiro. A Capitanía Marítima de Santa Cruz de Tenerife da Dirección Xeral da Mariña Mercante prohibiu a navegación no litoral da zona sur-occidental da illa, imposibilitando deste xeito a pesca na área. As áreas agrícolas víronse igualmente afectadas ao encontrarse localizadas no percorrido da lava cara ao mar, e os servizos de emerxencia negaron o paso a moitos agricultores e xornaleiros que se dispuñan a acceder aos seus campos, co que moitos dos [[plátano]]s acabarían madurando no campo ser reportar ningún beneficio, mentres que outros quedarían sepultados baixo a lava. As perdas no sector agrícola suporían un duro golpe para a economía da illa, xa que o cultivo do plátano supón o 50% do [[Produto Interno Bruto|PIB]] de La Palma e na illa hai máis 5&nbsp;300 produtores e 10&nbsp;000 familias que dependen directamente deste cultivo.<ref name="nave">{{Cita novas |url=https://www.eldia.es/la-palma/2021/09/20/prohibida-navegacion-zonas-proximas-erupcion-volcan-la-palma-57482835.html |título=Prohibida la navegación en las zonas próximas a la erupción en La Palma |nome=Daniel |apelidos=Hernández |xornal=eldia.es |dataacceso=20 de setembro de 2021 |data=20 de setembro de 2021 |lingua=es}}</ref>{{refn|group=lower-alpha|Nos municipios afectados o cultivo do plátano empregaba a máis do 30% da poboación.<ref name="nave"/>}} A produción de plátano viuse afectada non só pola destrución dos terreos de cultivo, senón tamén pola destrución das conducións de auga necesarias para o rego, e pola cinca do volcán.<ref name="cisterna">{{Cita novas |url=https://www.canarias7.es/canarias/la-palma/llega-palma-buque-20211014224503-nt.html |título=Llega a La Palma un buque cisterna con capacidad de 7.500 metros cúbicos |xornal=Canarias 7 |data=15 de outubro de 2021 |dataacceso=15 de outubro de 2021 |lingua=es}}</ref>
 
O oves 14 de outubro chegou ao porto de Tazacorte un barco cisterna con capacidade para 7&nbsp;500 metros cúbicos. O barco, chamado "Tomasso S", foi cedido polo [[Ministerio para a Transición Ecolóxica|Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico]] para achegar auga de rego ás zonas de cultivo que quedaron sen subministración ao ser destruídas pola lava as conducións de auga que as abastecían. A auga do "Tomasso S" complementaría deste xeito ás desoladoras portátiles que se estaban a instalar en Puerto Naos.<ref name="cisterna"/> No primeiro mes de actividade, a lava do volcán arrasara máis de 200 hectáreas adicadas á agricultura, principalmente á produción de plátanos.<ref name="devastacion">{{Cita novas |url=https://www.eldia.es/la-palma/2021/10/17/volcan-sigue-plena-potencia-mes-58459256.html |título=El volcán sigue a plena potencia tras un mes de devastación de La Palma sin precedentes |nome=Jorge |apelidos=Morales |xornal=eldia.es |dataacceso=17 de outubro de 2021 |data=17 de outubro de 2021 |lingua=es}}</ref>
 
A declaración de La Palma como "zona catastrófica" permitiría que a illa puidera acollerse aos fondos de solidariedade da propia comunidade autónoma, do goberno español e mesmo da [[Unión Europea]]. O presidente do goberno canario Ángel Víctor Torres sinalou nos primeiros días da catástrofe que as perdas poderían elevarse canto menos aos 400 millóns de [[euro]]s, e citou como prioridade a recuperación de infraestruturas públicas, escolas, e en conseguir aloxamentos para a poboación evacuada.<ref name="catastrofica"/>
32.897

edicións