Dúo tradicional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cossue (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
== Características ==
 
Na [[música tradicional galega]] a gaita foi, até o [[século XVIII]], un instrumento principalmente solista. Así se deduce da revisión da iconografía histórica onde, de apareceren acompañados, os gaiteiros fano sempre por músicos de frauta e tamboril.<ref name=":0">{{Cita web|título=Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Gaita de fol ”sinxela”|url=http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-aerofonos/gaita-de-fol-%e2%80%9dsinxela%e2%80%9d/|data-acceso=2021-10-14|apelidos=Carpintero Arias|nome=Pablo}}</ref> Estes instrumentistas, documentados na [[Península Ibérica]] desde o [[século XII]], tocaban unha [[frauta]] de tres furados xunto a un pequeno tambor que penduraban do pulso da man esquerda. É probábel que as referencias na documentación escrita da [[Idade Moderna]] os tamborileiros que tocaban xunto as gaitas, fagan referencia a este tipo de músicos.<ref>{{Cita web|título=Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Pito ou chifra e tambor|url=http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-aerofonos/pito-ou-chifra-e-tambor/|data-acceso=2021-10-14|apelidos=Carpintero Arias|nome=Pablo}}</ref> Estes acompañantes foron paulatinamente abandonando a frauta, conservando unicamente o tamboril, até orixinar o tradicional dueto de gaita e tamboril. Paralelamente ao uso deste pequeno tambor utilizouse tamén outro de maiores dimensións e orixe militar, que se penduraba do ombreiro cunha correa, ou da cintura cun gancho. Da evolución destes dous modelos de instrumento xurdiu o tambor moderno empregado hoxe para o acompañamento da gaita de fol en Galiza.<ref name=":1">{{Cita web|título=Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Tambor propiamente dito|url=http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-membranofonos/tambor-propiamente-dito/|data-acceso=2021-10-14|apelidos=Carpintero Arias|nome=Pablo}}</ref>
 
A aparición en Galiza das [[Bandas de música populares|bandas de música]] ana sociedade galega de mediados do [[século XIX]], introduciu na música popular nova instrumentación. Un destes instrumentos, a [[Caixa (instrumento musical)|caixa]], chegou a substituír case totalmente o tamboril, pasando a ocupar o seu lugar a carón do gaiteiro.<ref name=":0" /> Porén, o tambor foi mantido pola corrente folclórica galega iniciada polos [[coros galegos]] a fins dese mesmo século, e volveu a popularizarse na década de 1920 coa aparición dos [[Cuarteto tradicional|cuartetos tradicionais]], a imaxe dos [[Os Gaiteiros de Soutelo|gaiteiros de Soutelo]]. Hoxe en día é máis frecuente entre os grupos folclóricos o emprego do tambor que o da caixa, se ben esta goza cada vez de maior recoñecemento.<ref name=":1" />
{{Galería|File:Día de fiesta en Benavente 014.JPG|Músico de frauta e tamboril.|File:O gaiteiro1876.jpg|O gaiteiro. Óleo de [[Antonio Jaspe Moscoso]] (1876)|File:Gaiteiro Rilo de Betanzos.jpg|[[O vello Rilo]] e o tamborileiro "Vigo" de Parada.|File:O gaiteiro Ventosela.png|[[Xoán Míguez, O Ventosela]] acompañado dunha [[Caixa (instrumento musical)|caixa]].|File:Antonio González Silva, gaiteiro de Compostela.jpg|Antonio González Silva co seu fillo, que toca a caixa.|align=center}}