Conversa:Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 57:
A idea non era "mutilar" o texto, lamento que se interpretase dese xeito. Estou de acordo en que Veiga tende a ficar inxustamente nun segundo plano, cando o Himno foi cousa de ambos, e a letra non pode ser concibida sen a música (e vice versa). Porén, existen artigos específicos nos que se afonda tanto na figura de Eduardo Pondal como na de Pascual Veiga. Daquela, o meu motivo baséase en que, tendo en conta ese feito, o artigo sobre o Himno debería centrarse máis nos seus trazos característicos (incluíndo os antecedentes do propio feito da existencia dun Himno Galego) ca nas figuras dos autores deste.
Saudiña, iria.cestmoi [[Usuario:Iria.cestmoi|Iria.cestmoi]] ([[Conversa usuario:Iria.cestmoi|conversa]]) 14 de outubro de 2021 ás 21:44 (UTC)
:Ola [[Usuario:Iria.cestmoi|Iria.cestmoi]]! Non vexo necesario eliminar unha breve descripción das persoas responsables da creación do himno. Engadín esa sección atendendo ao feito con artigos doutras obras musicais (un himno non deixa de ser unha obra musical máis), podes velo por exemplo en [[Sinfonía núm. 8 (Sibelius)]]. Na miña opinión esta breve descrición pode axudar á mellor comprensión da materia en si, sen precisar ler un artigo monográfico de Veiga ou Pondal (son pequenos artigos de momento, pero imaxina que Veiga tivera un artigo do tamaño do de [[Mozart]]). Graciosa pola aclaración, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 16 de outubro de 2021 ás 17:27 (UTC)
Volver á páxina "Os Pinos".