Sylvia Plath: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Obra: Relectura
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Sylvia Plath naceu no seo dunha familia de clase media no barrio de [[Jamaica Plain]] ([[Massachusetts]]), e pasou a súa infancia en [[Winthrop]]. Xa de nena escribía, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en [[abella]]s e profesor de [[Bioloxía]] na Universidade de Boston) a causa dunha [[embolia]] pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.
 
A escritora comezou os estudos universitarios no ''[[Smith College]]'' ([[Massachusetts]]) e, grazas a unha [[bolsa de estudos Fulbriht]], trasladouse á [[Universidade de Cambridge]]. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un [[trastorno bipolar]]), chegando incluso a un intento de [[suicidio]] no ano [[1952]], algo que detallou máis tarde na novela ''A campá de cristal'' (''The Bell Jar''). Graduouse con honores<ref>{{Cita novas|autor=Robert F. Howe [[Instituto Smithsoniano]]|data=11-2003|revista=Smithsonian Magazine|título=Seeing Sylvia Plath|url=https://www.smithsonianmag.com/arts-culture/seeing-sylvia-plath-92570073/|lingua=inglés|data-acceso=13-2-2018}}</ref> tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en [[Cambridge]] onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, [[Ted Hughes]],<ref>{{Cita novas|autor=Danuta Kean|data=11-4-2017|xornal=[[The Guardian]]|título=Unseen Sylvia Plath letters claim domestic abuse by Ted Hughes|url=https://www.theguardian.com/books/2017/apr/11/unseen-sylvia-plath-letters-claim-domestic-abuse-by-ted-hughes|lingua=inglés|data-acceso=13-2-2018}}</ref> un poeta inglés co que casaría en [[1956]].
[[Ficheiro:23 Fitzroy Road, London - Sylvia Plath - W.B. Yeats.jpg|miniatura|A casa de Sylvia Plath no 23 Fitzroy Road de Londres]]