Diferenzas entre revisións de «A illa do tesouro»

 
== Argumento ==
 
Jim Hawkins é un mozo que traballa cos pais nunha pousada chamada ''O almiranteAlmirante Benbow''. Un día para nela un home de mar chamado Billy Bones, cuxa única posesión é un vello cofre. A taberna recibe a visita dun mariñeiro cego a mesma noite en que o pai de Jim morre. O cego ameaza a Bones dicíndolle que máis tarde el e os seus o atacarán para recuperar o cofre. Bones morre de [[apoplexía]], produto da súa adición ao [[ron]]. Jim e a súa nai foxen co contido do cofre e ven desde fóra como os piratas esnaquizan oa ''Almirante Benbow''.
 
Jim refúxiase na casa do escudeiro Trelawney xunto co doutor Livesey. Jim móstralles o mapa do tesouro que atopou no cofre de Bones e os tres deciden ir buscalo. Trelawney consegue como tripulantes a Long John Silver, ex contramestre do capitán Flint, e mais o capitán Smollet, que se pon ao mando da ''[[Hispaniola (barco)|Hispaniola]]''. A pesar das protestas do capitán sobre a súa mala tripulación, o barco parte. Durante a travesía, Jim cae nun pipo de [[mazá]]s e, dentro del, escoita os plans de traizón de Silver e doutros mariñeiros. Jim coméntalles o sucedido aos seus compañeiros, que deciden trazar un plan contra eles.
30.546

edicións