Ofensiva talibá de 2021: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
m Inclusión apartado "véxase tamén"
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 19:
A toma do poder talibán causou unha fonda preocupación na comunidade internacional polo respecto do novo goberno cara os dereitos humanos, especialmente das mulleres.<ref>{{Cita web|título=As the Taliban return, Afghanistan's past threatens its future|url=https://www.nationalgeographic.com/history/article/as-the-taliban-rise-again-afghanistans-past-threatens-its-present|páxina-web=History|data=2021-08-15|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref> Nos seus primeiros anuncios, procuraron calmar estes temores. Así, o voceiro dos talibán, [[Zabiullah Mujahid]], afirmou que se respectarían os dereitos das mulleres "[[Xaria|dentro da lei islámica]]", unha amnistía para os que traballaron para os países estranxeiros e para administración afgá, e o compromiso de non protexer a [[Al Qaida]] ou outros grupos terroristas.<ref>{{Cita web|título=Transcript of Taliban’s first news conference in Kabul|url=https://www.aljazeera.com/news/2021/8/17/transcript-of-talibans-first-press-conference-in-kabul|páxina-web=www.aljazeera.com|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref>  Mais aos poucos días sucedéronse as novas sobre violacións dos dereitos humanos por parte dos talibáns. Deste xeito, os medios de comunicación informaron da morte de persoas que protestaban contra os talibáns en manifestacións espontáneas.<ref>{{Cita web|título=Several killed after Taliban fire on protesters in Afghan city: Report|url=https://www.hindustantimes.com/world-news/several-killed-after-taliban-fire-on-protesters-in-afghan-city-report-101629364375318.html|páxina-web=Hindustan Times|data=2021-08-19|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref> Doutra parte, a [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] recibiu un informe que alertaba da elaboración de listas de colaboradores dos países occidentais para a súa persecución e de quebrantamentos dos dereitos da muller e a infancia,<ref>{{Cita novas|título=Afghanistan: Taliban carrying out door-to-door manhunt, report says|url=https://www.bbc.com/news/world-asia-58271797|xornal=BBC News|data=2021-08-20|data-acceso=2021-08-20|lingua=en-GB}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://news.un.org/en/story/2021/08/1098322|páxina-web=news.un.org|título=Afghanistan women’s rights are ‘red line’, UN rights chief tells States}}</ref> e [[Amnistía Internacional]] reportou a "tortura e morte" de nove homes da comunidade [[Pobo hazara|hazara]].<ref>{{Cita web|título=Afghanistan: Taliban responsible for brutal massacre of Hazara men – new investigation|url=https://www.amnesty.org/en/latest/news/2021/08/afghanistan-taliban-responsible-for-brutal-massacre-of-hazara-men-new-investigation/|páxina-web=Amnesty International|data=2021-08-19|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref>
 
A caída do goberno de [[Afganistán]] e das súas forzas armadas, que durante case 20 anos foran sostidas por [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e os países da [[OTAN]] provocou críticas en Estados Unidos e os seus aliados. Mentres que o presidente dos Estados Unidos, [[Joe Biden]], e o secretario xeral da OTAN, [[Jens Stoltenberg]], afirmaron que se cumpriran cos obxectivos que motivaran a intervención de 2001;<ref>{{Cita web|título=NATO blames the 'failure of Afghan leadership' for Taliban's swift takeover|url=https://www.cnbc.com/2021/08/17/nato-blames-afghan-government-for-taliban-takeover.html|páxina-web=CNBC|data=2021-08-17|data-acceso=2021-08-27|lingua=en|nome=Amanda|apelidos=Macias}}</ref><ref>{{Cita web|título=Remarks by President Biden on Afghanistan|url=https://www.whitehouse.gov/briefing-room/speeches-remarks/2021/08/16/remarks-by-president-biden-on-afghanistan/|páxina-web=The White House|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-27|lingua=en-US}}</ref> en Europa as voces foron máis críticas cuestionando o xeito da retirada.<ref>{{Cita web|título=U.K., French, German leaders blast Biden over Afghanistan: "We thought America was back"|url=https://www.newsweek.com/uk-french-german-leaders-blast-biden-over-afghanistan-we-thought-america-was-back-1621228|páxina-web=Newsweek|data=2021-08-19|data-acceso=2021-08-27|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web|título=Disbelief and betrayal: Europe reacts to Biden’s Afghanistan ‘miscalculation’|url=https://www.politico.eu/article/europe-reacts-bidens-afghanistan-withdrawal/|páxina-web=POLITICO|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-27|lingua=en-US}}</ref><ref>{{Cita web|título='Imbecilic': Ex-UK leader Tony Blair slams Afghan withdrawal|url=https://apnews.com/article/joe-biden-europe-middle-east-tony-blair-4ee456473a928eb97163fc080c40ed31|páxina-web=AP NEWS|data=2021-08-22|data-acceso=2021-08-27|lingua=en}}</ref> O xeneral [[Mark Milley]], xefe do Estado Maior das forzas armadas Estados Unidos, cualificou como "un éxito lóxisticoloxístico pero un fallo estratéxico" a retirada das tropas de Afganistán ante o comité de defensa do [[Senado dos Estados Unidos de América|Senado]] o 28 de setembro de 2021.<ref>{{Cita web|título=US Afghanistan withdrawal a ‘logistical success but strategic failure’, Milley says|url=https://www.theguardian.com/us-news/2021/sep/28/afghanistan-withdrawal-gen-mark-milley-senate|páxina-web=the Guardian|data=2021-09-28|data-acceso=2021-10-16|lingua=en}}</ref>
 
Fronte a implantación dun novo réxime talibán organizouse unha resistencia no val do [[Panjshir]] dirixida por [[Ahmad Massoud]], a quen se lle uniría o vicepresidente con Ghani, Amrullah Saleh.<ref>{{Cita web|título="Nous, Afghans, n'avons même pas vraiment perdu de bataille, puisque Kaboul ne s'est pas battue"|url=https://www.lexpress.fr/actualite/idees-et-debats/nous-afghans-n-avons-meme-pas-vraiment-perdu-de-bataille-puisque-kaboul-ne-s-est-pas-battue_2156654.html|páxina-web=LExpress.fr|data=2021-08-16|data-acceso=2021-08-20|lingua=fr}}</ref><ref>{{Cita web|título=Afghan envoy says hold-out Panjshir province can resist Taliban rule|url=https://www.reuters.com/world/asia-pacific/afghan-envoy-says-hold-out-panjshir-province-can-resist-taliban-rule-2021-08-18/|páxina-web=Reuters|data=2021-08-18|data-acceso=2021-08-20|lingua=en}}</ref> O 18 de agosto de 2021, nun chamamento internacional pediu a axuda loxística e militar aos países occidentais para a resistencia, agora denominada [[Fronte Nacional de Resistencia]].<ref>{{Cita novas|título=Afghan resistance leader appeals to West for weapons and help|url=https://www.thetimes.co.uk/article/afghan-resistance-leader-appeals-to-west-for-weapons-and-help-zbwwdsf9k|data-acceso=2021-08-20|issn=0140-0460|lingua=en|nome=Hugh Tomlinson, Humayoon|apelidos=Babur}}</ref> Este grupo estaría integrado por máis de 6 000 persoas.<ref>{{Cita web|título=Anti-Taliban leader Massoud says negotiation only way forward|url=https://www.reuters.com/world/asia-pacific/anti-taliban-leader-massoud-says-negotiation-only-way-forward-2021-08-22/|páxina-web=Reuters|data=2021-08-22|data-acceso=2021-08-22|lingua=en}}</ref> Con todo, algúns analistas internacionais dubidaron da súa operatividade nun enfrontamento armado considerando que o seu obxectivo sería influír nas negociacións cos talibáns.<ref>{{Cita web|título=Afghan holdout will struggle against Taliban assault, say analysts|url=https://www.france24.com/en/live-news/20210820-afghan-holdout-will-struggle-against-taliban-assault-say-analysts|páxina-web=France 24|data=2021-08-20|data-acceso=2021-08-22|lingua=en}}</ref> O 22 de agosto, os talibáns fixeron público que centos dos seus soldados ían cara o val do Panjshir para controlalo, Massoud reafirmouse na súa vontade de diálogo aínda que advertiu aos talibáns de que estaban dispostos á loita.<ref>{{Cita web|título=Taliban will face resistance if they try to seize Panjshir valley: Ahmad Massoud|url=https://english.alarabiya.net/News/world/2021/08/22/Taliban-to-face-resistance-if-they-try-to-seize-Panjishir-valley-Ahmad-Massoud|páxina-web=Al Arabiya English|data=2021-08-22|data-acceso=2021-08-22|lingua=en}}</ref>
 
== Notas ==