Diferenzas entre revisións de «Academia da Lingua Hebrea»

embora*
(embora*)
A súa sucesora, a Academia da Lingua Hebrea, continuou con esta misión e é responsábel da creación de novas palabras en hebraico, a fin de adaptarse ás mutacións da propia sociedade contemporánea.
 
Embora* o negocio da academia sexa crear novas palabras a partir de raíces e estruturas hebreas para substituír préstamos derivados doutras linguas, o seu propio nome é un préstamo, "akademya". Ela mesma aborda esta ironía na súa páxina web.{{cómpre referencia}}
 
O obxectivo da academia, tal como se define na súa Constitución, é «dirixir o desenvolvemento da lingua hebrea de acordo coa súa natureza» (לכוון את דרכי התפתחותה של הלשון העברית לפי טבעה). A Academia é a encargada de establecer a variedade padrón do hebraico moderno baseada no desenvolvemento histórico do idioma; mais élle outorgada a última palabra no que respecta a asuntos relacionados con ortografía, gramática, transliteración e puntuación. Ademais, tamén redacta un Dicionario Histórico Hebreo.
201.805

edicións