Diferenzas entre revisións de «Gales»

embora*
(Conferencia de prensa de 1 hora, en inglés, que non ten relevancia algunha.)
Etiqueta: Reversión manual
(embora*)
* Non revelado: 8,07%
 
== Sociedade e Culturacultura ==
Hoxe en día, a influencia da veciña [[Inglaterra]] na vida social é total. Malia os anteriores intentos de colonización e subxugación cultural por parte dos ingleses con medidas tales coma a prohibición da lingua ou a inmigración de colonos ingleses, Gales segue a manter unha gran personalidade que é reflectida a través da súa lingua e da súa cultura. Cunha idiosincrasia e uns costumes diferenciados dos do resto do [[Reino Unido]], a actual sociedade galesa carece de complexos e mantén os seus costumes fronte aos ingleses. Nos diversos pubs das cidades e, sobre todo, vilas galesas pódense atopar mesas redondas compostas por todo tipo de persoas que manteñen coloquios sobre calquera asunto. Os [[pobo galés|galeses]] son un pobo de poetas, cantantes, actores ou narradores, proba diso son os famosos galeses ou de orixes galesas, moitos dos cales se atopan acotío na primeira liña de actualidade e son coñecidos polo mundo enteiro. [[Richard Burton]], [[sir Tom Jones]], [[sir Anthony Hopkins]], [[Catherine Zeta-Jones]], [[Tom Cruise]], [[Susan Sarandon]], [[Russell Crowe]] ou [[Kylie Minogue]]; son exemplos de famosos de orixe galesa ou de parentesco relacionado con Gales.
 
As festas tradicionais do País de Gales son a ''Calan Gaeaf'' (Hallowe'en), ''Calan Mai'', e a celebración do solsticio de verán. Cada parroquia celebra, adicionalmente, o ''Gwyl Mabsant'' en honra do seu santo.
 
[[Ficheiro:Flag of Saint David.svg|miniatura|dereita|Bandeira de San David]]
A tradición oral e escrita consérvase dos tempos dos [[celtas]] e dos [[druída]]s. Existe unha [[Eisteddfod]] (voz galesa de ''festival'') á que asisten todos os anos as figuras máis representativas da cultura do [[País de Gales]] como escritores e poetisas, como [[Mererid Hopwood]], ou grupos de danza e baile tradicional. Aínda sobreviven, en cada vila e cidade, os [[Male Voice Choir]] (coros de homes) que se desprazan por todo o territorio acudindo a concertos e a se reunir cos integrantes dos coros anfitrións. Os deportes que máis se practican en Gales son os típicos do mundo occidental aos que se lles agregan os propios da tradición [[inglesa]] pola influencia do [[Reino Unido]]. Especialmente importante é o [[rugby]], no cal a selección galesa é unha potencia mundial que compite ao nivel doutras coma [[Inglaterra]], [[Francia]] ou [[Nova Zelandia]].
 
Na actualidade tamén existe unha gran conciencia entre a poboación pola preservación da [[lingua galesa]].
 
* Curiosidade: a palabra ''welsh'' (en [[Lingua inglesa|inglés]] ''galés'') provén dunha voz do [[Lingua inglesa|inglés antigo]] que significa ''estranxeiro'' ou ''escravo'', dependendo do contexto, por iso os galeses prefiren chamarse entre si pola palabra galesa ''cymry'' (en galés ''compatriota'') embora* estean a falar en inglés.{{cómpre referencia}}
 
== Linguas ==
201.868

edicións