Diferenzas entre revisións de «Antonio Casares Rodríguez»

m
→‎Traxectoria: Ano correcto
m (→‎Traxectoria: Ano correcto)
 
Seu pai fora o boticario do convento dos xesuítas e será alí levou a cabo os primeiros estudos de primaria. Estudou a secundaria nos xesuítas de [[Valladolid]]<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|apelidos=Fernández García|nome=Mª Isabel|data=2013|título=A química en Lugo. Estudos académicos e lucenses eximios na materia|PMC=|revista=Lucensia|número=46|páxinas=25-40|doi=|ISSN=1130-6831|PMID=|volume=XXIII}}</ref>.
 
Licenciouse en Filosofía e Farmacia. Gañou a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Foi o primeiro titular da Cátedra de Química na [[Universidade de Santiago de Compostela]]; ocupouna a raíz da súa creación polo plan de estudos de [[1845]], e ata a súa morte no 1888. Foi decano da Facultade de Filosofía (1846), da Facultade de Farmacia (1857) e o primeiro decano da Facultade de Ciencias (1859), e foi reitor dende 18701871<ref name=":0" />.
 
Desenvolveu a súa intensa vida científica e académica en Galicia, cara ao ben común da súa terra. Realizou investigación aplicada á industria, a agricultura e a medicina e estudo dos métodos de análise, do que é un dos iniciadores en España. Asemade, foi un dos iniciadores da espectroscopía peninsular. No [[1866]] aparece o seu ''Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables''.
11.752

edicións