Diferenzas entre revisións de «Erupción volcánica de La Palma de 2021»

 
De acordo con José Carlos Hernández, profesor de [[bioloxía mariña]] na [[Universidade de La Laguna]], a lava do novo volcán chega ao mar nunha zona na que a vida mariña é «bastante pobre», na cal xerará riqueza biolóxica, aínda que iso poida lebar bastante tempo. Dende o punto de vista científico, unha vez que a lava arrefríe no mar xeraráse un novo [[Arrecife de coral|arrecife]] rochoso, que os biólogos mariños consideran que podería ser moi interesante na xeración dun novo hábitat para organismos mariños, creando [[zonas intermareais]], que poderán albergar moitos recursos naturais, como [[Patella vulgata|lapas]], [[caramuxo]]s e [[Polbo|polbos]], e máis adentro do océano, un novo solo mariño que substituirá o solo arenoso que existía ata agora.<ref name=":9" /> En todo caso, segundo Carlos de Santisteban, [[xeólogo]] e profesor titular na [[Universidade de Valencia]], calquera impacto sobre a vida mariña estará sempre limitado á zona de contacto da lava co océano.<ref name=":11" />
 
O [[Instituto Geolóxico e Mineiro de España]], en colaboración co Grupo de Emerxencias e Salvamento do Goberno de Canarias, iniciaron unha avaliación aérea do grão de afectación dos fluxos de lava no [[piñeiro das Canarias]] de La Palma, visitando os equipos científicos, a bordo dun helicóptero, a zona próxima ao volcán e o punto onde se uniron os diferentes ríos de lava.<ref>{{Cita novas |url=https://www.canarias7.es/canarias/la-palma/evaluan-afeccion-volcan-20211003195013-nt.html |título=Evalúan la afección del volcán al pinar de La Palma |data=3 de outubro de 2021 |dataacceso=15 de outubro de 2021 |xornal=Canarias 7 |lingua=es}}</ref>
 
De acordo con José Antonio Valbuena, conselleiro da Transición Enerxética do [[Goberno canario]], producíronse danos en dúas zonas naturais. A recuperación do novo [[malpaís]] poderá levar uns 3&nbsp;000 anos, tempo que os novos [[ecosistema]] tardan en ser colonizados.<ref name=":22" />
 
=== Crecemento da illa ===
32.897

edicións