Catedral da Santísima Trindade de Dublín: Diferenzas entre revisións

catedral en Dublín
Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Catedral de la Santísima Trinidad de Dublín"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2021 ás 23:27

A catedral da Santísima Trindade (en inglés, Cathedral of the Holy Trinity, popularmente coñecida como Christ Church) é a máis antiga das dúas catedrais medievais da cidade, sendo a outra a Catedral de San Patricio. Foi sede do arcebispo de Dublín (actualmente parte da Igrexa de Irlanda, de confesión anglicana) desde os tempos medievais e está consagrada á Santa Trindade.

Catedral da Santísima Trindade de Dublín
Datos xerais
PaísIrlanda
TipoCatedral
AdvocaciónSantísima Trinidad
Coordenadas53°20′35″N 6°16′17″O / 53.343055555556, -6.2713888888889Coordenadas: 53°20′35″N 6°16′17″O / 53.343055555556, -6.2713888888889
Culto
CultoIglesia de Irlanda
DioceseUnited Dioceses of Dublin and Glendalough
Arquitectura
FundadorSigtrygg Silkbeard
EstiloArquitectura gótica
Páxina webhttps://christchurchcathedral.ie/
editar datos en Wikidata ]

Historia

Foi construída en 1028 polo rei viquingo Sigtrygg Silkiskegg. Situouse nun terreo alto desde o que se observaba o asentamento viquingo de Wood Quay.

San Lorenzo Ou´Toole, que foi en 1152 o primeiro arcebispo irlandés, comezou a ampliación e reconstrución da primitiva catedral nórdica. Cando os normandos invadiron gran parte da illa de Irlanda, a antiga catedral nórdica foi substituída por unha de estilo normando por iniciativa do arcebispo John Cumin. Esta catedral posuía un gran número de criptas que servían como cimentos, o que comprometeu a estabilidade do edificio e levou a constantes derrubamentos e reparacións.

Durante a época victoriana, entre 1871 e 1878, o templo experimentou una restauración significativa coordinada por George Edmund Street. As obras evitaron o derrubamento dalgunhas das suas partes, pero á súa vez supuxeron un cambio drástico da obra medieval, polo que na actualidade pode resultar difícil distinguir as decoracións das diferentes épocas.

A catedral foi utilizada en 1487 paira a coroación de Lambert Simnel como "Eduardo VI", un pretendente ao trono británico que tentou, sen éxito, derrocar a Enrique VII de Inglaterra.

Antigamente críase que a catedral contiña a tumba de Richard FitzGilbert de Clare, máis coñecido como Strongbow, un dos principais líderes da invasión normanda, que chegou a Irlanda a invitación do rei Dermot MacMurrough e cuxa chegada marca o inicio da intervención inglesa en Irlanda. En realidade, a tumba orixinal foi destruída hai séculos e outra tumba medieval foi trasladada ao pouco tempo dende Drogheda á catedral, colocada no sitio da orixinal e identificada como tal. Na Idade Media prestábase xuramento ante a tumba de Strongbow, segundo indican os rexistros da catedral.

A capela de San Lorenzo Ou´Toole conserva o corazón deste bispo, o cal foi roubado en marzo de 2012 e recuperado en abril de 2018.

 
Nave central da catedral.

Na actualidade, a Santa Sé reclama o templo coma a catedral da diocese católica de Dublín.

Enlaces externos