Conversa:Os Pinos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 53:
:Saúdos [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 14 de outubro de 2021 ás 20:31 (UTC)
::Como principal editor do texto eliminado sinalar que non vexo ningún motivo para tal mutilación. O texto ten un ton neutral e está referenciado, non hai polo tanto ningún motivo para eliminalo. Tampouco vexo motivo para eliminar a sección na que presenta (ou esa é a idea, xa que o artigo non é un artigo rematado) unha breve contextualización das dúas persoas autoras do himno galego, algo necesario, xa que tende a dárselle máis peso a Pondal, cando a realidade é que Veiga tivo se cadra máis importancia na concepción do himno (como se pode deducir do texto referenciado, onde se evidencia que foi súa a idea), e era unha figura moi importante no panorama cultural galego da época, isto na miña opinión é importante sabelo, que Veiga non era un calquera. Procedo a recuperar o texto, e se [[Usuario:Iria.cestmoi|Iria.cestmoi]] considera incorrecto que se manteña pode iniciar un debate, e se ao final a comunidade considera que ten razón en borralo, que así sexa, pero antes diso non hai argumentos para eliminalo. Un saúdo, [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 14 de outubro de 2021 ás 21:27 (UTC)
 
Boas, Piquito!
A idea non era "mutilar" o texto, lamento que se interpretase dese xeito. Estou de acordo en que Veiga tende a ficar inxustamente nun segundo plano, cando o Himno foi cousa de ambos, e a letra non pode ser concibida sen a música (e vice versa). Porén, existen artigos específicos nos que se afonda tanto na figura de Eduardo Pondal como na de Pascual Veiga. Daquela, o meu motivo baséase en que, tendo en conta ese feito, o artigo sobre o Himno debería centrarse máis nos seus trazos característicos (incluíndo os antecedentes do propio feito da existencia dun Himno Galego) ca nas figuras dos autores deste.
Saudiña, iria.cestmoi [[Usuario:Iria.cestmoi|Iria.cestmoi]] ([[Conversa usuario:Iria.cestmoi|conversa]]) 14 de outubro de 2021 ás 21:44 (UTC)
Volver á páxina "Os Pinos".