Estatística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 22:
O [[Renacemento]] supón un novo enfoque global de considerarmos o mundo. Neste sentido, hai unha reconsideración dos experimentos aleatorios, e os matemáticos italianos de comezos de século XVI, empezan a interpretar os resultados de experimentos aleatorios simples. Cabe destacar, entre outros, [[Gerolamo Cardano|Cardano]], [[Galileo]] e [[Niccolò Fontana Tartaglia|Tartaglia]].
 
O desenvolvemento da análise matemática dos [[Xogo de azar|xogos de azar]] prodúcese de vagar durante os séculos XVI e XVII con [[Blaise Pascal|Pascal]] e, [[Pierre de Fermat|Fermat]] e o [[ChevalierAntoine Gombaud|Cabaleiro de MeréMéré]] estudando dar resposta á aparición dos resultados en distintos xogos de azar, daquela moi populares. O cálculo de probabilidades consolídase como disciplina independente no período que vai desde a segunda metade do século XVII até comezos do XVIII.
 
Durante o século XVIII o cálculo de probabilidades espállase por problemas físicos e actuariais (en seguros marítimos). Neste período cabe destacar a aplicación a problemas físicos e astronómicos que aparecen ligados ao contraste empírico da Teoría de [[Newton]]. Newton estableceu unha teoría común para explicar fenómenos que tiñan sido obxecto de estudos fragmentarios e incompletos. Tamén durante este século e parte do XIX as investigacións físicas e astronómicas dan pulo ao desenvolvemento dos primeiros [[métodos estatísticos]]. O primeiro problema foi o [[Tratamento de Erros]] de medida, desenvólvese un método para estimar unha cantidade descoñecida a partir dun conxunto de medidas do seu valor que presentan un erro experimental ([[Bernouilli]]), tamén se desenvolve un test para determinar se pode aceptarse a hipótese de aleatoriedade no ordenamento das órbitas dos planetas. Por outra banda Pierre Simon máis coñecido como [[Pierre Simon Laplace|Marqués de Laplace]], introduce a primeira definición explícita de [[probabilidade]]. E elabóranse modelos para predicir valores dunha variable a partir doutras posibelmente relacionadas con elas, a [[regresión]].