Raposo común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Engade 1 libro para verificar (20211012)) #IABot (v2.0.8.2) (GreenC bot
Liña 646:
==== Distribución ====
[[Ficheiro:Flickr - Duncan~ - Fox Trot.jpg|miniatura|200px|Raposo común no centro de Londres.]]
Os raposos comúns demostraron ter moito éxito na colonización de contornas urbanizadas, especialmente os suburbios con menor densidade de poboación,<ref name="z132"/> aínda que tamén se teñen visto en áreas densamente poboadas e lonxe do campo. Ó longo do século XX, estabelecéronse en moitas cidades de Australia, Europa, o Xapón e América do Norte. A especie colonizou as cidades británicas durante a década de 1930, entrando en [[Bristol]] e Londres durante a década de 1940, e estabelecéndose tamén en [[Cambridge]] e [[Norwich, Inglaterra|Norwich]]. En Australia, téñense visto raposos en [[Melbourne]] a comezos da década de 1930, mentres que en [[Zürich]], Suíza, comezaron a aparecer durante a [[década de 1980]].<ref>{{cita web |url=http://www.thefoxwebsite.org/urbanfoxes/index.html |título=Urban foxes: Overview |editorial=The fox website |dataacceso=20 de setembro de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130916075909/http://www.thefoxwebsite.org/urbanfoxes/index.html |dataarquivo=16 de setembro de 2013 |df=dmy-all |urlmorta=yes }}</ref> Os raposos comúns urbanos son máis frecuentes en suburbios residenciais con baixa densidade de casas. Son moito máis raros en áreas onde predominan as actividades [[industria|industriais]] ou [[comercio|comerciais]].<ref name="z132"/> Nestas últimas áreas, a distribución é moito menor porque confían menos nos recursos de orixe humana; o rango medio deste raposos abrangue entre 80 e 90 hectáreas, mentres que nas áreas residenciais diminúe a 25 ou 40 hectáreas.<ref name="Urban Foxes">{{cita libro|apelido1=Harris|nome1=Stephen|título=Urban Foxes|url=https://archive.org/details/urbanfoxes0000harr|data=1986|editorial=Whittet Books Ltd.|localización=18 Anley Road, London W14 OBY|isbn=0905483472}}</ref>
 
En 2006, estimouse que uns 10&nbsp;000 raposos habitaban en Londres.<ref>{{cita web |url=http://news.nationalgeographic.com/news/2006/05/foxes-london.html |título=10,000 Foxes Roam London |editorial=News.nationalgeographic.com |data=28 de outubro de 2010 |dataacceso=20 de setembro de 2013}}</ref> Os raposos urbanos teñen o potencial de ser meirandes cás súas contrapartes rurais, como resultado das abondosas sobras de comida e unha relativa escaseza de depredadores. Nas cidades, os raposos poden recoller comida das bolsas e dos contedores do lixo, aínda que gran parte da súa dieta será semellante á dos raposos rurais.