Ácido biliar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chenodeoxycholic acid.svg
Engade 1 libro para verificar (20211012)) #IABot (v2.0.8.2) (GreenC bot
Liña 9:
 
=== Ácidos biliares primarios ===
Hai dous '''ácidos biliares primarios''' que se sintetizan nos hepatocitos a partir do colesterol, son o [[ácido cólico]] e o [[ácido quenodesoxicólico]],<ref name=Costanzo>{{Cita libro|last=Costanzo|first=Linda S.|title=Physiology|url=https://archive.org/details/physiology0000cost_y4d8|year=2010|publisher=Saunders/Elsevier|location=Philadelphia, PA|isbn=978-1-4160-6216-5|edition=4th}}</ref><sup>:357-358</sup> Nos hepatocitos prodúcese unha oxidación do colesterol mediada por encimas da familia do [[citocromo P450]], que orixina estes dous ácidos. Aproximadamente, sintetízanse diariamente 600&nbsp;mg de sales biliares para substituír os ácidos biliares que se perden nas feces, pero se segrega moito máis, porque se reabsorben.<ref name=Costanzo /><sup>:359</sup> Nos humanos, o paso limitante da síntese é a reacción de adición dun grupo hidroxilo na posición 7 do núcleo [[esteroide]] do [[colesterol]] polo encima [[CYP7A1|colesterol 7 alfa-hidroxilase]] (CYP7A1). O ácido cólico e o colesterol regulan a actividade deste encima; o ácido cólico faina decrecer, e o colesterol faina aumentar.
 
Os ácidos biliares primarios sofren conxugación con aminoácidos (ver máis adiante) e almacénanse na [[vesícula biliar]], onde se concentran, antes de ser vertidos no [[duodeno]] durante a [[dixestión]].